A Xunta realiza labores de conservación e mellora no río Tomeza, ao seu paso polo concello de Pontevedra

Imagen del artículo A Xunta realiza labores de conservación e mellora no río Tomeza, ao seu paso polo concello de Pontevedra

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As tarefas céntranse nun treito de preto de 600 metros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, comezou a executar hoxe actuacións de conservación e mantemento no río Tomeza, ao seu paso polo concello de Pontevedra. Os traballos desenvolveranse en preto de 600 metros da canle fluvial, nas parroquias de San Pedro de Tomeza e San Martiño de Salcedo.  

As tarefas consisten na retirada de árbores e biomasa presente no leito do río para evitar atoamentos, así como en labores de roza selectiva de arbustos, co fin de reducir a súa competencia coas especies arbóreas propias do bosque de ribeira.

As actuacións, que xa foron comunicadas ao Concello de Pontevedra, prolongaranse durante aproximadamente dúas semanas e realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoiras co apoio doutra maquinaria de maiores dimensións como tractores e un camión.

Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo de conca autonómico, este tramo do río Tomeza quedará despexado dos obstáculos que dificultaban a circulación fluída das súas augas. 

Augas de Galicia desenvolve este tipo de accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección. 

O obxectivo é avanzar na mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
228928 {"title":"A Xunta realiza labores de conservación e mellora no río Tomeza, ao seu paso polo concello de Pontevedra","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150707\/240529+actuacion+conservacion+rio+tomeza.jpg","id":"228928"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/228928-xunta-realiza-labores-conservacion-e-mellora-rio-tomeza-ao-seu-paso-polo-concello-pontevedra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.