A Xunta conciencia a máis de 8.000 escolares sobre a importancia dos ríos cunha campaña divulgativa para achegar o ciclo da auga a centros de primaria

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A iniciativa, impulsada polo organismo Augas de Galicia, chegou durante este curso a 125 colexios no marco das actividades do Plan de xestión do risco de inundación
  • Os centros educativos participantes foron seleccionados pola súa localización nalgún dos 100 concellos galegos con máis probabilidades de sufrir asolagamentos

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

A Xunta contribuíu a sensibilizar a máis de 8.000 escolares de entre 5 e 12 anos sobre o peso e a importancia que teñen os ríos para os ecosistemas e as consecuencias do seu posible desbordamento, no marco dunha campaña divulgativa dirixida a achegar o ciclo da auga a centros de Educación Primaria.

Impulsada polo organismo público Augas de Galicia e enmarcada no Plan de xestión do risco de inundación vixente, esta iniciativa púxose en marcha durante o curso 2023-2024 e chegou a un total de 125 colexios das catro provincias, co obxectivo de concienciar ás novas xeracións sobre os asolagamentos e a influencia que teñen as accións do ser humano nas contornas fluviais e no funcionamento das canles de auga.

A tal fin, o alumnado dos centros inscritos na campaña participaron en talleres dunha hora de duración nos que, de xeito ameno e didáctico, técnicos especializados lles explicaron diferentes conceptos relacionados co ciclo da auga, a dinámica dos ríos e fenómenos relacionados cos mesmos, así como os seus posibles efectos.

Para acompañar a actividade e reforzar a mensaxe, a campaña apoiouse tamén nun vídeo divulgativo, Aventura dunha pinga, no que a súa protagonista, a pinga Xistra, explica as inundacións como procesos naturais e necesarios para o medio ambiente, pero que se poden volver perigosos para as persoas cando estas invaden espazos fluviais.

Os talleres realizados incluíron tamén experimentos científicos na propia aula e un xogo colectivo de preguntas e respostas para verificar os coñecementos adquiridos.

Posible segunda edición

Todos os colexios participantes nesta primeira campaña de concienciación sobre as inundacións pertencían a concellos localizados en Áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI) da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa. Nesta conca hai un cento de municipios con ARPSIS nos que se contabilizan un total de 266 centros de Primaria, polo que a Xunta valorará a posibilidade de repetir a campaña divulgativa o próximo curso, co fin de poder chegar a máis colexios nestas zonas.

Por último, cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático traballa xa na elaboración dun novo Plan de xestión do risco de inundación para a conca Galicia-Costa co horizonte temporal 2028-2033 e que se enmarca na nova planificación estratéxica de Augas de Galicia a medio prazo.

O obxectivo deste instrumento é lograr unha actuación coordinada de todas as administracións públicas implicadas na xestión da auga e da sociedade en xeral para diminuír os riscos de inundación e as súas consecuencias. Para elo, o futuro plan tomará como punto de partida o estudo dos episodios de asolagamento rexistrados nos últimos anos, as medidas que xa se foron adoptando e as obras e actuacións executadas sobre o territorio para modificar o risco de sufrir este tipo de fenómenos.

A partir de aí fixaranse as zonas de maior perigosidade da conca e desenvolveranse novos mapas de áreas inundables, ademais de revisar os vixentes. Co fin de reducir o risco para a poboación, estableceranse medidas adaptadas a cada caso tales como a apertura de ríos actualmente canalizados, a ampliación de leitos fluviais para que teñan máis espazo para asumir as crecidas ou o deseño de zonas de inundación controlada.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
280841 {"title":"A Xunta conciencia a máis de 8.000 escolares sobre a importancia dos ríos cunha campaña divulgativa para achegar o ciclo da auga a centros de primaria","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/240621+ACTIVIDADE+COLEXIO+INUNDACIONS+AUGAS+1.jpg","id":"280841"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/280841-xunta-conciencia-mais-8-000-escolares-importancia-dos-rios-cunha-campana-divulgativa-achegar-ciclo-da-auga-centros-primaria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.