Todas las noticias de a presidencia da xunta en Galicia en los últimos 30 días
Más de 100 Resultados. Desde Lunes 15 Enero 2024 hasta Martes 14 Enero 2025
Si no encuentras lo que buscas, usa los filtros de búsqueda para afinar la búsqueda y obtener resultados más precisos.
Viernes 10 Enero 2025
Rueda destaca a posta en marcha da rede galega de aparcadoiros seguros para os e as transportistas, pioneira en España
- Salienta que estas infraestruturas eran "moi demandadas" polo sector e que, entre os obxectivos, está promover "a incorporación da muller" a un sector moi masculinizado
- O estacionamento de San Cibrao conta con 59 prazas nun perímetro pechado, con control de acceso por matrícula e videovixilancia
- Inclúe vestiarios e aseos propios para mulleres e un botón de emerxencia que conecta directamente co 016
- A Xunta impulsará a habilitación de 1.500 prazas en este tipo de espazos protexidos
Jueves 9 Enero 2025
Rueda anuncia a licitación dun novo treito da autovía Tui-A Guarda, no que se investirán máis de 17 M€
- Salienta que se trata do treito entre o enlace do polígono de Areas en Tui e a PO-350 xa en Tomiño, co inicio das obras previsto para mediados de 2025
- Destaca que esta infraestrutura resulta clave para mellorar a mobilidade e impulsar a economía do Baixo Miño, facilitando un transporte seguro e eficiente tanto para vehículos lixeiros como de transportistas
- Sinala o compromiso da Xunta coa ampliación de vías de altas prestacións libres de peaxe en Galicia, aumentando as mesmas case un 70% desde o 2009
Miércoles 8 Enero 2025
Rueda destaca que a Xunta investirá 7,5 M€ en microformacións deseñadas polos clústeres de nove sectores estratéxicos para cualificar a 17.000 persoas
- Salienta que isto permitirá dar solución "á falta de persoal cualificado" a través de formacións "específicas" e adaptadas ás necesidades do tecido produtivo
- Ofreceranse medio milleiro de cursos en áreas estratéxicas como o naval, a automoción, as enerxías renovables ou as TIC, mellorando a empregabilidade e a competitividade das empresas
- As accións impártense dende os propios clústeres para incrementar a súa eficacia, centrándose en ámbitos como a soldadura e a robótica no sector metalúrxico e os vehículos híbridos e eléctricos no eido das enerxías renovables, entre outras
- Resalta o "papel fundamental" dos clústeres nas "boas cifras" da economía galega que pechou 2024 con récord de exportacións e o paro en "mínimos históricos"
A Xunta consegue desbloquear os proxectos para mitigar o problema da falta de aparcamentos en Lugo
- O delegado territorial mantivo esta mañá unha xuntanza coa alcaldesa do municipio, na que esta rectificou da proposta que previamente presentara para a construción dun novo aparcamento en Fontiñas
- Arias conseguiu o compromiso da rexedora de que autorizará os traballos para solucionar os problemas de drenaxe na contorna do aparcadoiro da Avenida de Breogán, un trámite polo que se levaba agardando dous meses
Martes 7 Enero 2025
Belén do Campo evalúa cos xefes territoriais o balance de actividade da delegación no 2024 e os retos para o 2025
- A representante do Goberno autonómico subliñou que do orzamento total da Xunta para o 2025, 13.954 millóns de euros, un 74% se destinan ao coidado das persoas a través da sanidade, a educación, a política social e o emprego
- A delegada da Xunta incidiu na importancia de que as diferentes liñas de axudas que se están abrindo con anticipado de gasto cheguen dunha forma áxil aos posibles beneficiarios
Martina Aneiros asiste aos actos con motivo da festividade de San Xiao, patrón de Ferrol
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá á eucaristía que, con motivo da festividade de San Xiao, patrón da cidade, tivo lugar na concatedral de San Xiao. Posteriormente participou no teatro Jofre nos actos institucionais organizados polos Concello de Ferrol. ...
Manuel Pardo amosa ao Colectivo Hércules a total colaboración da Xunta na organización de carreiras de obstáculos como é o 'Uros Race'
Ourense, 7 de xaneiro de 2025 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá con Thor López, presidente do Colectivo Hércules ao que lle amosou a total colaboración do Goberno galego na organización de carreiras de obstáculos como é o 'Uros Race', e destacou a importancia destes eventos na estratexia de promoción do deporte e a saúde en Ourense. O delegado territorial aproveitou a xuntanza co responsable d...
Jueves 2 Enero 2025
Belén do Campo despídese do ata de agora xeneral xefe do Mando de Apoio á Manobra, Raimundo Rodríguez Roca
A Coruña, 2 de xaneiro de 2025 A delegada da Xunta, Belén do Campo, despediuse do xeneral xefe do Mando de Apoio á Manobra, Raimundo Rodríguez Roca, que deixa o seu cargo para asumir novas responsabilidades como Xefe do Mando de Apoio Loxístico do Exército de Terra. Belén do Campo agradeceulle a súa dedicación e entrega durante o tempo que prestou servizo na Coruña, amais de lle desexar moitos éxitos no seu futuro destino. ...
A delegada da Xunta en Ferrol reúnese coa Junta General de Cofradías de Semana Santa de cara á próxima celebración desta festividade
Ferrol, 2 de xaneiro de 2025 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá no seu despacho ao presidente e secretario da Junta General de Cofradías y Hermandades de Semana Santa, César Carreño e Fernando Iguacel, respectivamente, co fin de abordar diferentes asuntos relacionados coa celebración desta festividade e a contribución autonómica á mesma. A Junta General de Confradías y Hermandes é a encargada...
Martes 31 Diciembre 2024
RESOLUCIÓN de 19 de diciembre de 2024 por la que se actualizan los anexos V, VI y VII de la Orden de la Consellería de Economía y Hacienda, de 30 de junio de 1992, por la que se aprueba el modelo de autoliquidación de las tasas de la Comunidad Autónoma de Galicia y se establece la utilización de efectos timbrados para el pago de las tasas por servicios administrativos de compulsa de documentos y de verificación de suficiencia y documentos acreditativos de legitimación, y el anexo I de la Orden de 29 de junio de 1994 por la que se regula el procedimiento de recaudación voluntaria de las tasas y precios de la Comunidad Autónoma de Galicia.
III. Otras disposiciones Agencia Tributaria de Galicia RESOLUCIÓN de 19 de diciembre de 2024 por la que se actualizan los anexos V, VI y VII de la Orden de la Consellería de Economía y Hacienda, de 30 de junio de 1992, por la que se aprueba el modelo de autoliquidación de las tasas de la Comunidad Autónoma de Galicia y se establece la utilización de efectos timbrados para el pago de las tasas por servicios administrativos de compulsa de...
Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela
Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2024 É fin de ano e nas universidades galegas reina o silencio. Neste Pazo de Fonseca hoxe non se escoitan nin sequera os pasos dos estudantes que están aproveitando as últimas horas antes das uvas para repasar os apuntes dos exames de xaneiro. Á volta destes días, tanto as universidades coma os centros de formación profesional, institutos e colexios volverán encherse de vida, con decenas de miles...
Lunes 30 Diciembre 2024
Rueda destaca que o restablecemento completo do viaduto do Castro mellorará as conexións de Galicia coa meseta tras máis de 3 anos de obras
- Asegura que se trata dunha infraestrutura moi importante "que vertebra España e une dúas comunidades irmáns"
- Recordou que Galicia reclamou que se acometese a reconstrución dos dous viadutos polo procedemento de emerxencia, unha demanda que o Goberno central finalmente aceptou
- Salienta o compromiso da Xunta coa conservación das estradas ao destinar no 2025 "70 M€" a este eido, "unha cifra récord"
- Reivindicou a necesidade de avanzar no rescate e transferencia da AP-9
Viernes 27 Diciembre 2024
A Xunta destinará preto de 25 M€ á construción e xestión da primeira planta pública de clasificación de residuos téxtiles de Galicia
- A previsión é que estea lista para funcionar en xuño de 2026 e, segundo explicou Rueda, que teña capacidade para procesar "3.000 toneladas de residuos ao ano"
- As instalacións prepararán para a reciclaxe os restos de roupa procedentes das entidades de economía social ou dos contedores da rúa
- Esta nova infraestrutura enmárcase no hub téxtil que quere impulsar o Goberno autonómico para atraer á Comunidade investimentos e empresas ligadas ao sector
Rueda anuncia que a Xunta aproba un plan para reducir agardas no eido da dependencia e a discapacidade e resolver as solicitudes en seis meses
- Resalta que as persoas solicitantes só terán que presentar un documento, xa que a propia solicitude contará coa información social e familiar suficiente para resolver, co se busca "reducir ao máximo a burocracia"
- A conselleira de Política Social e Igualdade indica que se unifican os procedementos de dependencia e discapacidade, que poderán solicitarse ao mesmo tempo e que se valorarán e resolverán de xeito conxunto
- Ademais, ás persoas con dependencia xa recoñecida que soliciten a discapacidade, esta resolveráselles de xeito automático por homologación
- Os plans de reforzo de persoal para as valoracións, cuxa vixencia remataba agora, amplíanse ata o ano 2027 e porase en marcha un plan de produtividade con incentivos económicos
Referencia do Consello da Xunta de Galicia celebrado hoxe en San Caetano
Presionando nas seguintes ligazóns poderán ter acceso á referencia do Consello e ao audio e presentación da rolda de prensa posterior. ...
O Concello das Neves adquire unha retroexcavadora mixta grazas ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta
- O Concello recibiu unha achega de 32.500 euros
- En total, na área territorial de Pontevedra, 15 concellos se beneficiaron da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental
Jueves 26 Diciembre 2024
Rueda destaca o éxito do programa 'Xuntos polo Nadal' que este ano permite que 270 maiores pasen estas festas en compañía
- A través de estadías 100% gratuítas, os participantes pasan desde Noiteboa ata Reis nas residencias do Carballiño e Panxón
- Asegura que é unha forma de "devolver un pouco" de todo o que os maiores "aportaron" á sociedade ao longo da súa vida
- Agradece o labor de todos os traballadores e voluntarios por facer posible que se leve a cabo este programa
- O Goberno autonómico reforza o seu compromiso de atender as necesidades das persoas maiores, así como de fomentar o envellecemento activo e combater a soidade non desexada
Lunes 23 Diciembre 2024
Rueda destaca a Galicia como un referente na loita contra os lumes ao contar "cun dos mellores dispositivos de toda Europa"
- A Xunta aposta por seguir mellorando o servizo ao incrementar un 26% as partidas para prevención e extinción no 2025 ata chegar aos 89,5 M€
- O Goberno autonómico reforzou este ano a rede de videovixilancia que xa chega ao 85% do territorio galego
- O centro compostelá conta con alta tecnoloxía para poder facer un seguimento en tempo real dos incendios forestais
- Salienta que é fundamental "concienciar" sobre a prevención e da necesidade de "ter os montes limpos"
Rueda destaca o papel do Banco de Alimentos Rías Altas na loita contra a desigualdade social e como reflexo da solidariedade do pobo galego
- Destaca a importancia do traballo realizado polos máis de 2.300 voluntarios que "traballan os 365 días do ano e que, en datas tan sinaladas, son garantía de que moitas persoas poidan celebrar as festas como todo o mundo se merece"
- Tras manter unha reunión coa directiva da entidade para escoitar as necesidades de cara ao ano 2025, reafirma o compromiso do Goberno autonómico de apoiar e fortalecer iniciativas como a desta entidade
Domingo 22 Diciembre 2024
Rueda destaca a contribución de NTT Data ao impulso da innovación no tecido empresarial e nos servizos públicos
- O presidente da Xunta mantivo un encontro co director xeral en España desta consultora tecnolóxica, Víctor López-Barrantes e o director en Galicia e Asturias, Alberto Borrego
- A compañía, que emprega arredor de 400 profesionais na Comunidade, conta con oficinas na Coruña, Santiago de Compostela e Vigo
- NTT Data colabora coa Administración autonómica en diferentes iniciativas relacionadas coa formación, a administración electrónica, a sanidade ou o ensino
Viernes 20 Diciembre 2024
A Xunta renova o seu apoio ao Campus do Nadal organizado polo Club de Baloncesto Sarria
- O delegado territorial en Lugo, Javier Arias, participou na presentación da segunda edición desta actividade, que se desenvolverá do 26 ao 29 de decembro
A Xunta e o Concello de Ribeira acordan manter ata 2028 as bonificacións nas viaxes en autobús dentro do municipio
- Prorrógase por catro anos o convenio que aplica unha rebaixa de 50 céntimos en todas as viaxes internas e descontos sociais adicionais a estudantes, pensionistas e persoas en situación de emerxencia social do municipio
- Ademais, máis de 2.600 usuarios da localidade poden viaxar gratis en toda a comunidade grazas á tarxeta Xente Nova e á Tarifa +65
Jueves 19 Diciembre 2024
Belén do Campo asiste á recepción institucional de Nadal do concello e ao encontro co sector na autoridade portuaria
A Coruña, 19 de decembro de 2024 A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu, esta mañá, á recepción institucional de Nadal organizada polo Concello da Coruña, así como ao encontro co sector portuario organizado pola Autoridade Portuaria con motivo desta datas festivas. Nos encontros a delegada saudou persoalmente aos diferentes representantes da cidade e agradeceulles o seu traballo nos diferentes ámbitos. ...
Rueda ensalza a Eduardo Iglesias como embaixador no Rally Dakar 2025 da marca Galicia Calidade
- Sinala que a presenza do piloto nunha competición de tan alto nivel servirá para promocionar á comunidade "nunha das probas deportivas máis importantes do mundo e con máis repercusión"
- A Xunta apoia a súa participación a través de Turismo de Galicia e a Secretaría Xeral de Deportes cun dobre patrocinio
Miércoles 18 Diciembre 2024
Rueda pon en valor a contribución da Xunta na posta en marcha da residencia e o centro de día da Asociación Juan XXIII, cun apoio de 1,1 M€
- Aos preto de 340.000 euros destinados á construción e equipamento, súmanse os 750.000 euros anuais que achegará o Goberno galego para o mantemento de prazas públicas
- Anuncia que tras concertar "o 100% das prazas da residencia", a Xunta "asumirá" outras seis do centro de día ao longo de 2025
- O Executivo autonómico reserva 176 M€ nas contas do vindeiro ano para a atención á discapacidade
O presidente da Xunta respondeu no Pleno da Cámara galega as preguntas dos grupos parlamentarios
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2024 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, respondeu no Pleno da Cámara galega as preguntas dos grupos parlamentarios. ...
Martes 17 Diciembre 2024
A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética do ximnasio municipal e do pavillón de Lamas de Castelo e de cinco rúas de Carnota cun investimento de case 117.000 euros
- A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou o concello para coñecer as accións realizadas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local e do Fondo de Compensación Ambiental na liña non competitiva
- Un total de 10 concellos da comarca do Barbanza recibiron achegas do Goberno galego ao abeiro destas dúas liñas dotadas con 5 millóns de euros e 6 millóns de euros respectivamente
Lunes 16 Diciembre 2024
Rueda destaca que Galicia prevé pechar o 2024 cun nivel de débeda pública inferior á que tiña no ano 2012
- Sinala que, segundo os últimos datos do Banco Central, "reduciuse no terceiro trimestre en 929 M€ e sitúase no 15%", o que supón un nivel de débeda 6,3 puntos inferior á media das CCAA
- Cun 3,6 % do total, a galega é unha das Comunidades autónomas menos endebedadas, moi lonxe dos niveis de Cataluña (26,7%), Valencia (17,9 %), Andalucía (12 %) ou Madrid (11,1%)
- As liñas de crédito das que tivo que botar man a Tesourería polos atrasos nos pagamentos a conta do Goberno central xa foron devoltas e non hai previsión de que se teñan que volver a empregar
Galicia reforza a aposta pola I+D+i cunha inxección de 61 M€ aos grupos de investigación, predoutorais e posdoutorais
- Salienta que Galicia é a comunidade onde máis medrou o investimento neste eido, un 28% máis en 2023 ata chegar a preto de 963 M€
- O Consello da Xunta dá luz verde ás primeiras catro convocatorias para investigadores do vindeiro ano
- Román Rodríuguez explica que se convocan 175 novos contratos predoutorais e posdoutorais, un ámbito no cal actualmente Galicia conta con preto de 500 investigadores
- Sumaranse outros 29 M€ ao financiamento plurianual dos 427 grupos de investigación que traballan en Galicia, unha cifra récord
- O Goberno galego aprobará á volta do Nadal o Plan galego de investigación e innovación 2025-2027
Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano
Presionando nas seguintes ligazóns poderán ter acceso á referencia do Consello e ao audio e presentación da rolda de prensa posterior. ...
Sábado 14 Diciembre 2024
Rueda destaca a aposta da Xunta na prevención de enfermidades coa posta en marcha dun proxecto pioneiro para avaliar o mapa xenómico de 400.000 galegos
- Asegura que o proxecto Xenoma é un exemplo "da medicina moderna e de futuro que xa se está a realizar en Galicia"
- Salienta o "bo traballo diario" da sanidade pública galega que permitiu que esta iniciativa se leve a cabo na comunidade
- Os chamados a participar na primeira fase, consistente na recollida de mostras de sangue, pertencen a 15 concellos e, en 2025, a iniciativa continuará coa toma de 1.000 mostras de saliva
- O obxectivo é recompilar o ADN de un de cada sete galegos de 35 a 70 anos para identificar variantes xenéticas de alto risco, o que permitirá detectar enfermidades antes de que aparezan e ofrecer tratamentos individualizados
Jueves 12 Diciembre 2024
A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética da Casa da Cultura de Val do Dubra cun investimento de máis de 114.000 €
- Un total de 8 concellos da comarca de Santiago recibiron achegas do Goberno galego ao abeiro desta liña por un importe de máis de 875.000 euros
Ana Ortiz e Agustín Reguera celebran en Vigo a comisión territorial de coordinación das delegacións
Vigo, 12 de decembro de 2024 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, celebraron este xoves na cidade olívica a comisión territorial de coordinación na que xunto aos directores fixeron balance das actuacións do Goberno galego en toda a provincia. ...
Rueda reafirma o compromiso da Xunta co emprendemento no rural galego como clave para atraer talento e fixar poboación
- Destaca medidas como a Rede de Polos de Emprendemento mediante a cal a comunidade xa conta con 15 centros activos que, desde 2022, prestaron asesoramento a preto de 3.000 proxectos empresariais
- O Goberno galego impulsa un Plan específico e transversal para fomentar a remuda xeracional no agro e que conta, entre outras iniciativas, con accións de formación, sensibilización e titorización
Miércoles 11 Diciembre 2024
Rueda visita Ribadavia tras alzarse como gañadora da undécima edición do concurso 'Juntos brillamos más'
Ribadavia (Ourense), 11 de decembro de 2024 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe a localidade de Ribadavia tras alzarse coma gañadora da undécima edición do concurso estatal Juntos brillamos más, organizado por Ferrero Rocher e que permitirá aos veciños desfrutar dunha iluminación e decoración especial neste Nadal. Rueda percorreu diferentes puntos da vila para comprobar as labores de montaxe do escenario e do alumeado na...
Rueda apela á produtividade e á capacidade innovadora da planta de Stellantis en Vigo como o mellor aval nos plans de futuro do grupo
- Lembra que é a factoría que máis vehículos produce do grupo en España, o 22% dos vehículos fabricados no conxunto do país en 2023
- Di que é a cabeza de todo un sector en Galicia que o pasado ano conseguiu máximos históricos en cifras de negocio e exportacións
- Apunta que desde o ano 2010 a Xunta leva apoiado a Stellantis Vigo cun investimento público de 93,2 M€ en axudas, fundamentalmente orientadas ao gran reto que ten por diante a industria da automoción que é a progresiva implantación da fábrica intelixente e a electrificación
- Destaca que o Goberno galego vén de anunciar un investimento de máis de 230 M€ para o sector entre 2024 e 2027, no marco do Plan director da automoción
A Xunta aposta por impulsar a competitividade da industria a través da innovación
Vigo, 11 de decembro de 2024 A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, asistiu hoxe á clausura da Asemblea Xeral do Hub de Innovación Dixital Infab Hub, un proxecto transfronteirizo liderado por Asime cunha extensa rede de empresas colaboradoras, especializado na transformación dos procesos de fabricación de sectores como a automoción, o sector metal-mecánico, o aeroespacial, o naval e o téxtil moda. ...
Rueda anuncia que a Xunta porá en marcha un plan específico en 2025 para potenciar a imaxe de Galicia como destino termal
- Resalta que se habilitarán 8 M€ para reforzar "o tesouro natural" que supón a presenza de fontes termais na comunidade
- Haberá axudas para crear novos establecementos ou mellorar os actuais
- Galicia é o segundo lugar de Europa con maiores reservas de augas mineromedicinais e conta con máis de 20 balnearios, o 20% de toda a oferta estatal
Martes 10 Diciembre 2024
Rueda reúnese co presidente do Grupo Delta Vigo
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2024 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse esta tarde co presidente do Grupo Delta Vigo, Francisco Puga. Ao comezo do encontro, Puga entregoulle ao titular do Executivo galego un exemplar do libro publicado con motivo da Celebración do 75 Aniversario da fundación da empresa, evento no que participou presidente autonómico. Ademais, Alfonso Rueda e Francisco Puga falaron dos plans de futuro des...
Rueda participa na presentación do libro póstumo 'No sólo cuatro cosas' de Javier Sánchez de Dios
Pontevedra, 10 de decembro de 2024 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde na presentación do libro No sólo cuatro cosas, obra póstuma do Javier Sánchez de Dios na que o xornalista fai un repaso polas últimas décadas da política galega ata o ano 2000. Durante a súa intervención, Rueda destacou as crónicas e artigos de Sánchez de Dios ao longo de toda a súa carreira, sempre vencelladas á actualidade do momento. O ...
Rueda destaca o sector da artesanía coma garante da identidade galega e embaixador da marca Galicia por todo o mundo
- Asegura que os preto de 800 obradoiros que hai na comunidade representan "a Galicia potente que ten que estar no mundo, pero sen renunciar as súas raíces"
- A Xunta incrementa un 14% o apoio á Fundación Artesanía de Galicia para 2025 e reforza o programa 'Aprender da tradición' que forma en oficios coma a forxa, a xastrería ou a olería
- Salienta o apoio do Goberno autonómico ao pequeno comercio cunha nova edición dos Bonos Activa Comercio e o futuro Plan estratéxico do sector que se aprobará no primeiro trimestre de 2025
Lunes 9 Diciembre 2024
Rueda destaca o liderado empresarial de Benigna Peña durante máis de medio século vencellada á sanidade galega
- Salientou o compromiso do Goberno galego co acceso universal, equitativo e de calidade aos servizos sanitarios, lembrando que o 40% dos orzamentos galegos vai destinado á Sanidade
- Felicita á Confederación de Empresarios da Coruña pola consolidación destes premios como un recoñecemento ao papel fundamental do tecido empresarial galego no desenvolvemento económico e social da comunidade
Rueda anuncia un paquete de axudas para 2025 por 5,9 M€ para garantir o equilibrio da fauna silvestre co sector primario e a ordenación cinexética e piscícola
- Explica que se destinará unha partida de 3,05 M€ para "compensar ataques de lobos, xabarís ou osos" e 2,5 M€ para apoiar ao sector na adopción de medidas preventivas
- Salienta que, no caso do lobo, resérvanse 2,06 M€ a tres liñas de axudas para accións de prevención e refórzase nun 50% o orzamento destinado a indemnizar aos afectados
- Tamén se convocarán incentivos para as entidades colaboradoras de pesca continental para vixiar tramos fluviais e promover actividades divulgativas e axudas aos titulares de Tecores para diversas accións en terreos e hábitats cinexéticos
- En total, a Xunta publicará nas vindeiras semanas 13 liñas de incentivos para cubrir actuacións, medidas e gastos que contribúan á conservación da biodiversidade e do patrimonio natural, dotadas dun 34% máis de orzamento que as deste ano
A Xunta realizará esta semana o pagamento do 90% do saldo das axudas directas da PAC e tamén do 100% das achegas a zonas con limitacións naturais
- Rueda salienta a "axilidade" do Goberno autonómico en achegar esta financiación aos gandeiros e agricultores
- Serán preto de 100 M€ das axudas directas da PAC que non se aboaron no anticipo realizado xa na segunda quincena do mes de outubro
- A elas hai que sumar outros 17,3 M€ para zonas con limitacións naturais
Referencia do Consello da Xunta de Galicia celebrado hoxe en San Caetano
Presionando nas seguintes ligazóns poderán ter acceso á referencia do Consello e ao audio e presentación da rolda de prensa posterior. ...
A Xunta achega 42.000 euros ao Concello do Incio para adquirir un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais
- O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes asinou un convenio coa entidade local para financiar o novo equipamento
Rueda salienta que a integración dos pacientes de Muface no Servizo Galego de Saúde incrementaría en case 12 días a espera cirúrxica e en máis de 4 a de consulta co especialista
- Destaca que incorporar ao 58.000 asegurados de Muface no sistema sanitario público implicaría "un aumento de actividade e a necesidade de incrementar recursos e persoal"
- O conselleiro subliña que suporía un incremento de entre un 2 e un 3% sobre a actividade asistencial actual e un aumento do custo de case 170 M€ ao ano
- Aumentarían as consultas de atención primaria en preto de 540.000, realizaríanse 5.700 cirurxías máis, 23.000 urxencias hospitalarias e un mínimo de 93.000 probas diagnósticas máis ao ano
- Considérase imprescindible unha incorporación progresiva para non prexudicar nin os mutualistas nin colapsar determinados servizos
Domingo 8 Diciembre 2024
Rueda salienta o papel do Real Instituto Elcano como líder en estudos internacionais e estratéxicos
- O responsable do Executivo autonómico mantivo un encontro co presidente desta fundación, José Juan Ruiz, no que abordaron temas de interese para ambas organizacións
Sábado 7 Diciembre 2024
Rueda agradece o labor de Antonio Bernal á fronte da Delegación de Defensa en Galicia
- O presidente da Xunta mantivo un encontro co coronel, que deixará o seu cargo este mes despois de case seis anos de exercicio
Viernes 6 Diciembre 2024
Rueda participa na recepción con motivo do Día da Constitución no Congreso
Madrid, 6 de decembro de 2024 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participa na recepción con motivo do Día da Constitución no Salón de Pasos Perdidos do Congreso dos Deputados. ...
Jueves 5 Diciembre 2024
A delegada da Xunta en Ferrol asiste aos actos con motivo do XLVI Aniversario da Constitución
Ferrol, 5 de decembro de 2024 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no Concello de Ferrol nos actos conmemorativos do XLVI Aniversario da Constitución Española. ...
Miércoles 4 Diciembre 2024
Rueda enmarca a ampliación dos Bonos Activa Comercio dentro do compromiso da Xunta co sector e cos autónomos
- Sinala que o papel do comercio vai máis aló do económico, enchendo de vida vilas e cidades todos os días do ano
Rueda reclama que se impulse canto antes a conexión por alta velocidade entre Vigo e Porto e pide un calendario de investimentos e obras
- Destacou que esta infraestrutura beneficiaría a unha Eurorrexión de 6,5 millóns de habitantes cun forte vínculo social, económico e cultural e reducindo o tempo de viaxe das dúas horas e media actuais a só 50 minutos
- Recoñece os avances realizados por Portugal, que xa adxudicou o primeiro tramo da conexión ata Aveiro por 1.600 millóns de euros
- Pide ao Goberno central unha planificación clara de custes e obras para dar "un impulso real a eses trámites que levan tantos anos no caixón"
- Comprometeuse a seguir vixiantes e firmes na defensa desta infraestrutura clave, como así se reflexa no manifesto asinado hoxe por diferentes autoridades de ambos territorios
Martes 3 Diciembre 2024
Rueda destaca que a Xunta destinará case 2 M€ no 2025 a fomentar a contratación de mulleres en sectores masculinizados
- O obxectivo é reducir a fenda de xénero en eidos coma as novas tecnoloxías ou profesións científico-técnicas para avanzar "cara unha sociedade igualitaria e máis xusta"
- Galicia foi pioneira ao poñer en marcha esta liña de axudas da que xa se beneficiaron este ano máis de 50 empresas e que permitiron contratar a 84 desempregadas
- Salienta "o tecido TIC" en Galicia e que sexa a primeira rexión europea en regular por lei o uso da intelixencia artificial
Lunes 2 Diciembre 2024
Belén do Campo celebra con todo o equipo de HM Hospitais o décimo aniversario da súa chegada a Galicia
A Coruña, 2 de decembro de 2024 A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu á celebración do 10º Aniversario da chegada de HM Hospitais a Galicia, organizada polo equipo de HM Hospitais que tivo lugar na Coruña. A delegada trasladou ao seu equipo directivo que "desde a Xunta de Galicia, entendemos a importancia de traballar xuntos para garantir unha sanidade de calidade, accesible e centrada nas persoas". Neste sentido, apuntou que "insti...
Rueda asiste á conferencia de José Manuel Romay Beccaría
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu á conferencia de José Manuel Romay Beccaría, con motivo da apertura do curso académico 2024-2025 da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación, que se celebrou no edificio Real Consulado do Mar. ...
Rueda anuncia que o Plan sanitario galego de inverno inclúe por primeira vez unha rede de farmacias sentinela e un modelo matemático para predicir as necesidades asistencias derivadas de infeccións respiratorias
- Destaca que Galicia será pioneira na posta en marcha deste plan para "afrontar coas máximas garantías a tempada de gripe e infeccións respiratorias", que suporá un investimento extraordinario de 8 M€ en persoal, sumado aos 11,3 M€ do orzamento en vacinas
- A Consellería de Sanidade disporá semanalmente de datos de dispensación de medicamentos antigripais e tests de antíxenos en 70 farmacias
- O novo modelo matemático permitirá "detectar cambios na evolución da epidemia de gripe con dúas semanas de antelación"
- Segundo a fase da epidemia prevista no plan, defínense actuacións comúns na atención primaria e hospitalaria do Servizo Galego de Saúde para previr e controlar a transmisión das infeccións e optimizar a asistencia sanitaria aos pacientes
- A campaña de vacinación fronte á gripe da Xunta continúa en marcha e acada o 80% en maiores de 80 anos e máis do 56% en nenas e nenos
A Xunta remite o proxecto de Lei de medios ao Parlamento para a súa tramitación
- Rueda salienta que o obxectivo é adaptar a normativa "aos cambios que houbo nos últimos anos no audiovisual" e ao novo marco regulatorio estatal e europeo
- A norma blinda a promoción, difusión e impulso da lingua galega como misión fundamental da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia
- Aposta pola alfabetización mediática e dixital para promover o bo uso da tecnoloxía e mesmo recoñecer as noticias falsas, ao tempo que vela pola utilización responsable da intelixencia artificial
Rueda anuncia que Galicia se converte na primeira rexión europea que regula por lei o uso da intelixencia artificial
- O Consello aproba o Proxecto de Lei para o desenvolvemento da IA en Galicia que agora será remitido ao Parlamento
- O conselleiro de Facenda e Administración pública salienta que o obxectivo é garantir unha implantación e uso "ético, seguro, fiable e centrado nas persoas" desta ferramenta
- Regulará o uso da IA na Administración e os servizos públicos; o control dos procesos de deseño e aplicación; os instrumentos de xestión e colaboración e as medidas para facilitar e promover o seu uso no tecido produtivo
- A Xunta emprega sistemas de intelixencia artificial para aspectos como a detección precoz do cancro de mama, o emprego, a simplificación das tramitacións administrativas ou a xestión do medio rural
Referencia do Consello da Xunta de Galicia celebrado hoxe en San Caetano
Presionando nas seguintes ligazóns poderán ter acceso á referencia do Consello e ao audio e presentación da rolda de prensa posterior. ...
Domingo 1 Diciembre 2024
Belén do Campo asiste ao acto relixioso con motivo da celebración da festividade de San Francisco Xavier
A Coruña, 1 de decembro de 2024 A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu á celebración relixiosa con motivo do Día de San Francisco Xavier na cidade. Estas festas patronais reúnen a centos de fieis e visitantes nun ambiente de tradición e celebración. ...
Sábado 30 Noviembre 2024
Rueda felicita á Fundación Andrea polo seu traballo a favor dos nenos e nenas con enfermidades graves
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2024 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, felicitou hoxe á Fundación Andrea polo seu traballo a favor dos nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais. Así o sinalou hoxe durante a súa participación na tradicional gala solidaria de Nadal que organiza esta entidade co obxectivo de recadar fondos cos que seguir axudando aos máis pequenos e ás súas familias. O titular d...
Rueda destaca a aposta da Xunta pola conservación da Rede de Parques Naturais de Galicia ao destinar preto de 3 M€ a este tipo de actuacións
- Salienta distintas actuacións que o Goberno galego está a desenvolver no Monte Aloia, entre as que destacan a eliminación de especies invasoras como as acacias ou a elaboración dunha guía e dun plano informativos para os visitantes
- A Administración autonómica destina tamén preto de 1,4 millóns de euros a máis dun cento de axudas para concellos, asociacións, empresas e particulares co obxectivo de impulsar proxectos de preservación e posta en valor dos 6 parques naturais galegos
Viernes 29 Noviembre 2024
Rueda salienta o compromiso do Goberno galego coa calidade institucional e coa transparencia
- Lembra que Galicia conta cun Programa de Impulso Democrático con seis leis e 50 medidas para mellorar a rendición de contas das Administracións públicas e o control cidadán sobre elas
- Defende o traballo dos equipos da Administración autonómica e dos funcionarios que velan pola integridade dos procesos
O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa de Oimbra
Ourense, 29 de novembro de 2024 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá coa alcaldesa do concello de Oimbra, Ana María Villarino, coa que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica. O delegado tivo a ocasión de tratar xunto a súa rexedora, temas prioritarios para o seu concello. Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos proxectos e necesidades que dependen ...
Jueves 28 Noviembre 2024
Rueda asiste á Gala dos `Premios Galegos do Ano 2024´ de El Correo Gallego
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2024 O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, asistiu á Gala dos Premios Galegos do Ano 2024 de El Correo Gallego celebrada no edificio Fontán da Cidade da Cultura. ...
Miércoles 27 Noviembre 2024
Rueda destaca a contribución das empresas galegas que apostan por "xerar riqueza" en todo o mundo sen renunciar a súa identidade e orixe
- Salienta "o potentísimo tecido empresarial" de Galicia, cunha base protagonizada polas "compañías familiares"
- A Xunta busca atraer investimentos e promover o emprendemento mediante asesoramento personalizado, a simplificación administrativa ou con acceso a solo industrial a custe cero durante oito anos
Rueda participa na recepción do Consello Superior da Armada en Ferrol
Ferrol, 27 de novembro de 2024 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participa na recepción do Consello Superior da Armada no Palacio de Capitanía de Ferrol. ...
Rueda reivindica a importancia do naval galego e a formación especializada no sector
- Sinala que o sector naval está considerado como estratéxico polo Goberno galego e que contará cun plan director proximamente
- Apunta a que a colaboración entre institucións públicas e o sector naval en materias como a formación é fundamental para superar os desafíos do sector
Martes 26 Noviembre 2024
Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa mocidade con máis oportunidades en emprego, educación e acceso á vivenda
- Destaca políticas autonómicas como a reserva do 40 % das novas vivendas públicas en alugueiro e do 25 % á venda para os menores de 36 anos dos inmobles que constrúa o Goberno galego
- Salienta iniciativas como o Bono Emancípate, que se activará en 2025 para apoiar aos mozos entre 18 e 35 anos no alugueiro ou compra de vivendas mediante axudas para mobiliario ou electrodomésticos, entre outros
- Pon en valor a próxima implementación da Estratexia Mocidade Activa o vindeiro ano, destinada a mellorar a empregabilidade dos mozos e fomentar a súa contratación
Arias agradece ao Roq Park de Viveiro a colaboración co programa de deporte escolar da Xunta 'Xogade'
Viveiro (Lugo), 26 de novembro de 2024 O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar "Xogade" da Xunta de Galicia. Na iniciativa participaron arredor de 500 rapaces e rapazas de secundaria de oito institutos da Mariña. Arias destacou a posibilidade que s...
A Xunta aposta pola formación dos efectivos que participen en grandes emerxencias transfronteirizas
- O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, clausurou hoxe unha das xornadas formativas que se leva a cabo no marco do programa Atempo
Rueda destaca a excelencia de MeteoGalicia e insiste en reclamar ao Goberno central a transferencia das competencias en meteoroloxía
- Asegura que isto permitiría ser "máis exactos e precisos" á hora de previr e emitir alertas na comunidade ante fenómenos meteorolóxicos adversos
- Apunta que "MeteoGalicia conta con 160 estacións meteorolóxicas en todo o territorio galego", fronte ás 52 da axencia estatal Aemet, e ten equipos que ofrecen datos sobre a situación real nas distintas zonas cada 10 minutos
- A Xunta reforzará o vindeiro ano o programa para previr efectos adversos recorrendo a novas ferramentas como o uso da intelixencia artificial
A delegada territorial da Xunta en Ferrol visita o rastrillo benéfico de Manos Unidas
Ferrol, 26 de novembre de 2024 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o rastrillo benéfico que, como cada ano, organiza a delegación local da ONG Manos Unidas no marco da Campaña contra el Hambre. O rastrillo solidario estará aberto ata o mediados do próximo mes de decembro en horario de 11,00 a 13,30 horas e 17,00 a 20,00 horas. ...
Lunes 25 Noviembre 2024
Rueda destaca que a Xunta destina máis de 230 M€ no período 2024-2027 á automoción para apoiar a industria na transformación cara unha mobilidade máis sostible
- Asegura que Galicia "é a primeira comunidade" en aprobar un paquete de medidas específicas para axudar a este sector fundamental para a economía de Galicia
- A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, subliña que o Consello aproba a segunda convocatoria extraordinaria "dotada con 50 M€" que se suman aos 22 M€ deste ano para cooperar coa industria no camiño cara unha mobilidade máis sustentable e a transición ao vehículo eléctrico
- As axudas da nova convocatoria, que serán en réxime de concorrencia non competitiva, alcanzarán a intensidade máxima permitida pola normativa e cubrirán todas as tipoloxías de proxectos de interese para o sector
- Refórzase así a aposta por un sector clave, que suma más de 200 empresas e preto de 25.000 empregos, e que conforma unha das cadeas de valor máis completas de Europa
Rueda anuncia a posta en marcha dun novo cribado en Galicia para detectar cardiopatías conxénitas críticas nas primeiras 24 horas de vida dos bebés
- Explica que a comunidade comezará a realizar este cribado "desde o 2 de decembro" cunha proba tan simple como unha pulsioximetría indolora e non invasiva
- Detectarase a enfermidade antes de que presente síntomas para poder aplicar alternativas terapéuticas o máis pronto posible, incluídos cateterismos e operacións
- Determinadas cardiopatías conxénitas críticas poden comprometer gravemente a saúde do recentemente nado e mesmo ocasionar o seu falecemento
- A telemedicina permitirá o traballo coordinado de diferentes profesionais, co Complexo Hospitalario Universitario da Coruña como unidade de referencia
- A Xunta destina máis de 72.000 euros á compra do equipamento necesario para realizar estes cribados: monitores para a pulsioxiometría e sensores adhesivos de saturación de osíxeno neonatal desbotable
A Xunta aproba o proxecto de trazado do treito que culmina a autovía Santiago-A Estrada, entre Pontevea e O Rollo, cun investimento de máis de 32 M€
- O presidente do Goberno galego salienta que se trata do "segundo treito da prolongación da AG-59 desde o enlace coa AC-241, actualmente en execución entre A Ramallosa e Pontevea", ata o enlace coa PO-841
- O novo treito desta autovía libre de peaxe disporá de dous enlaces que permitirán os catro movementos, tanto cara a Santiago como á Estrada, e un deles é o resultado da reforma do existente na Ramallosa, e o outro de nova execución sobre a AC-241, en Pontevea
- A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas convocará o levantamento de actas previas das expropiacións no primeiro trimestre de 2025 para licitar as obras no vindeiro ano, "cun prazo de execución de 36 meses"
- A Xunta avanza ao tempo nas obras do treito de 3,5 quilómetros da prolongación da AG-59, iniciadas a finais de outubro de 2023 e nas que están a investirse máis de 33M€
- Unha vez rematados os 7,5 quilómetros da prolongación da actual AG-59, "os tempos da viaxe entre Santiago e A Estrada reduciranse a 10 minutos", ademais de mellorar a seguridade viaria, tras un investimento global de máis de 67 millóns de euros
A Xunta autoriza a licitación por 2,6 M€ dos Proxectos de Interese Autonómico para desenvolver solo no que construír as primeiras 15.000 vivendas
- Rueda salienta que a contratación enmárcase na primeira fase de execución da Estratexia Galega de Solo Residencial, que prevé desenvolver solo "que permita a construción de 20.000 vivendas protexidas e 5.000 libres"
- Estes proxectos abordarán o desenvolvemento dos primeiros 1,5 millóns de metros cadrados de solo en ámbitos dos concellos da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Arteixo
- Destaca que a declaración PIA "permitirá axilizar" os trámites e "simultanear as obras de urbanización e edificación"
Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano
Presionando nas seguintes ligazóns poderán ter acceso á referencia do Consello e ao audio e presentación da rolda de prensa posterior. ...
Viernes 22 Noviembre 2024
Arias participa na inauguración da feira 'Dojo Arena' en Lugo
Lugo, 22 de novembro de 2024 O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta tarde na inauguración da primeira feira nacional de deportes de contacto e artes marciais Dojo Arena, que se celebra no Pazo de Feiras de Lugo e que durante tres días situará á cidade no epicentro destas disciplinas, que contan cada vez con máis adeptos. O evento, que conta co patrocinio da Xunta, segue nesta primeira xornada con exhibicións...
Martina Aneiros anima a promover as vocacions STEM na presentación da XIX First Lego League España que terá lugar o próximo ano en Ferrol
Ferrol, 22 de novembro de 2024 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe no acto de presentación do torneo XIX First Lego League España que terá lugar o próximo mes de marzo por primeira vez en Ferrol, concretamente no Campus Industrial. Na súa intervención, Aneiros puxo en valor iniciativas coma esta que definiu como "unha auténtica celebración da creatividade, o enxeño e o espírito colaborativo que r...
Rueda visita a planta de Gerdau no estado de São Paulo para coñecer a colaboración de Russula, empresa de enxeñería galega
São Paulo (Brasil), 21 de novembro de 2024 O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, visitou a planta de Gerdau en Araçariguama (no estado de São Paulo) para coñecer a colaboración de Russula, empresa de enxeñería galega, coa principal multinacional siderúrxica no Brasil. ...
Jueves 21 Noviembre 2024
Rueda aposta por intensificar a presenza de empresas galegas en Brasil e anima ás industrias do país sudamericano a investir na comunidade
- Destaca que Brasil, unha das economías máis importantes do mundo, é un mercado estratéxico, con máis de 200 millóns de habitantes
- Marca como obxectivo incrementar as relacións mutuas, especialmente en sectores nos que Galicia é referente como o pesqueiro, o naval, a biotecnoloxía ou as renovables
- Pon en valor que a comunidade é un territorio atractivo para investir, grazas a medidas de apoio como a Oficina Económica, a desburocratización ou incentivos como o solo industrial gratuíto os primeiros 8 anos
- Rueda tamén se reuniu coa Federación das industrias do Estado de São Paulo e visitará a planta dun dos principais produtores de aceiro en América do Sur, a multinacional Gerdau, que conta coa empresa de enxeñería de orixe galego Russula como socio estratéxico para a modernización das súas plantas siderúrxicas dende hai 25 anos
O concello de Portas adquire un novo vehículo municipal grazas ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta
- O concello recibiu unha achega de 30.000 euros
- En total, na área territorial de Pontevedra, 13 concellos se beneficiaron do Fondo
A Xunta dá continuidade ao obradoiro de emprego de xardinería que promoven os concellos de Cervo, Xove e Burela
- Hoxe entregou os diplomas aos 20 últimos participantes e en decembro contratarán a outros tantos alumnos traballadores para aprender a especialidade, sumando un investimento de 949.000 euros
Galicia reclama que as rexións sigan tendo un papel relevante na planificación e xestión dos fondos europeos
- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR), no que defendeu que a comunidade galega loitará por preservar os programas rexionais dos fondos europeos
Miércoles 20 Noviembre 2024
Rueda inicia hoxe unha viaxe a Brasil para potenciar as relacións comerciais co país e reforzar os lazos coa colectividade galega
- Mantivo unha reunión co vicegobernador do estado de São Paulo para afianzar os contactos institucionais
- Durante os próximos días manterá encontros de traballo con outras institucións e empresas
- Reunirase tamén cos emigrantes galegos de São Paulo, Rio de Janeiro e Santos
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra participa nun simulacro de preparación para a resposta ante unha emerxencia en Exolum
A Estrada (Pontevedra), 20 de novembro de 2024 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou, xunto ao director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, nun exercicio de preparación para a resposta ante unha emerxencia nas instalacións de Exolum. O exercicio, que tivo lugar na sede do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, contou coa presencia de responsables dos distintos corpos e...
Martes 19 Noviembre 2024
Rueda destaca ás empresas familiares coma piares da economía galega e embaixadores da comunidade polo mundo
- Asegura que firmas como a galardoada Hierros Añón son un exemplo de que "é posible medrar sen esquecer as orixes e a esencia"
- Este tipo de compañías representan o 92% do tecido produtivo galego e xeran o 85% de emprego
- Salienta a aposta da Xunta por apoiar "aos que moven o país e xeran riqueza" mediante a simplificación administrativa, o asesoramento na Oficina Económica de Galicia ou ofrecendo solo industrial a custo cero durante oito anos
Rueda anuncia que Galicia se convertirá no 2025 na primeira comunidade en contar cunha lei contra a violencia dixital
- O futuro texto incluirá medidas de sensibilización, prevención e detección do acoso en internet
- Salienta que este tipo de delitos "teñen moito que ver coa violencia machista" e lembra o compromiso da Xunta en "acabar con esta lacra"
- Resalta que Galicia "foi pioneira" en moitas medidas para previr e loitar contra a violencia de xénero e que conta cunha nova Lei de igualdade e protocolos para actuar fronte as agresións no ocio nocturno
Lunes 18 Noviembre 2024
Rueda anuncia que a Xunta mobilizará o ano que vén máis de 35 M€ na planificación e posta en marcha de actuacións fronte aos riscos de inundación na bacía Galicia-Costa
- A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salienta a importancia da "planificación para atallar os riscos" derivados dos eventos meteorolóxicos adversos
- O presidente destaca que para previr asolagamentos, Galicia conta cun "pioneiro sistema de alertas temperás" e unha rede de medidores do caudal dos ríos que se duplicou nos últimos meses ata chegar a preto dun cento
- Nas áreas con risco potencial significativo de inundación, a Xunta está a executar obras e medidas de protección específicas por un importe de preto de 11 M€ e planifica novos proxectos da man dos concellos cun custo estimado en 20 M€
- No apartado da restauración cómpre destacar os 2,7 M€ para labores de conservación fluvial e a aposta pola creación de áreas de inundación controladas en zonas urbanas, espazos deseñados para reter grandes cantidades de auga en casos de chuvia intensa e con capacidade para integrarse en futuros corredores verdes
Rueda destaca a posta en marcha dun novo programa para mellorar as competencias dixitais de 21.000 persoas en concellos de menos de 20.000 habitantes
- Enmárcase nas medidas para lograr que "o 70% da poboación galega" teña capacidades dixitais básicas ou avanzadas no 2025
- Salienta que se destinarán 4,8 M€ a esta iniciativa que ten como obxectivo "reducir a fenda dixital"
- A formación, que se centrará no colectivo de persoas maiores, será totalmente gratuíta e realizarase en cada municipio, a través de aulas fixas ou aulas móbiles itinerantes
- O Consello tamén renova o convenio con Castela e León, Andalucía, Comunidad Valenciana, Estremadura, Navarra e Murcia para seguir colaborando no deseño de materiais e recursos para formación en habilidades dixitais
- Máis de 40.000 alumnos e 32.000 profesores xa teñen un certificado que acredita os seus coñecementos do eido dixital
O Servizo Galego de Saúde aforra máis de 52,5 M€ grazas á centralización de compras de material sanitario para os centros das sete áreas
- A Xunta investiu máis de 412 M€ nestas compras desde 2020, que permitiron reducir "o gasto nun 17% de media", segundo explicou o presidente
- Nos últimos catro anos adxudicáronse 26 novas contratacións de forma centralizada
- Coa centralización da compra de implantes de xeonllo o Servizo Galego de Saúde aforra máis de 14 M€ nun contrato que ascende a 21,9 M€
- Rueda salienta que o obxectivo da Xunta é "optimizar ao máximo os orzamentos" en materia sanitaria
Referencia do Consello da Xunta de Galicia celebrado hoxe no Parlamento
Presionando nas seguintes ligazóns poderán ter acceso á referencia do Consello e ao audio e presentación da rolda de prensa posterior. ...
Viernes 15 Noviembre 2024
Rueda recoñece aos máis de 300 efectivos desprazados a Valencia como exemplo da solidariedade e alto nivel dos servizos de emerxencia da comunidade
- Destaca os "magníficos" profesionais que hai en Galicia que actuaron con rapidez "e eficacia"
- Eloxia o compromiso que amosaron en tarefas de busca de vítimas, achique de auga en baixos e sotos, retirada de vehículos, cepillado de rúas e eliminación de barro e escombros, entre outras
Rueda participa nun almorzo-coloquio con Feijóo organizado pola CEG
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2024 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado por outros membros do Goberno galego, participou nun almorzo-coloquio con Alberto Núñez Feijóo organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) que se celebrou no Hostal dos Reis Católicos. ...
Jueves 14 Noviembre 2024
Rueda reivindica o papel do xornalismo profesional á hora de combater os perigos da desinformación
- Sinala que Galicia prosperará se conta con medios de comunicación fortes que combatan a desinformación
- Destaca a labor do premiado para converter a Abanca nunha entidade sólida, de confianza e que aposta pola súa obra social
A delegada territorial da Xunta en Ferrol reúnese co presidente da asociación cultural Lenda Ártabra co obxectivo de analizar posibles vías de colaboración
Ferrol, 14 de novembro de 2024 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, reuniuse esta tarde co presidente da asociación cultural Lenda Ártabra, Alberto Hermáns, co fin de coñecer as actividades e proxectos nos que se atopa inmersa a entidade nesta nova etapa e analizar posibles vías de colaboración. Aneiros aproveitou a ocasión para interesarse polo labor de recuperación e divulgación do patrimonio cultural galego que...
Rueda fixa como prioridade a rehabilitación do Pazo de Lourizán, cuxas obras comezarán o próximo ano e nas que se investirán 17,3 M€
- Salienta que a previsión é que os traballos de restauración para "o novo rexurdimento" deste edificio estean rematados no 2027
- O pazo seguirá sendo un centro de referencia forestal, pero ademais contará cunha área para exposicións, un espazo multiusos e albergará un hotel
- A mostra permitirá facer un percorrido pola historia deste edificio e coñecer os sete proxectos finalistas no concurso de ideas para os novos usos
A Xunta financia con 17.000 euros melloras na sede da asociación veciñal de San Pedro de Seixas, en Cospeito
- O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se acondicionaron un aparcamento e unha zona exterior para actividades, entre outros traballos
0 Resultados. Desde Lunes 15 Enero 2024 hasta Martes 14 Enero 2025
Si no encuentras lo que buscas, usa los filtros de búsqueda para afinar la búsqueda y obtener resultados más precisos.
Filtros
0 Resultados. Desde Lunes 15 Enero 2024 hasta Martes 14 Enero 2025
Si no encuentras lo que buscas, usa los filtros de búsqueda para afinar la búsqueda y obtener resultados más precisos.
Filtros