A Xunta invita á cidadanía a participar na primeira edición da Etapa Popular Camiño da Costa para difundir o paso da ruta Xacobea por Vigo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, anunciou este xoves a convocatoria dunha marcha aberta de 20 quilómetros entre Saiáns e Teis
  • "O obxectivo é difundir un dos nosos grandes patrimonios culturais, porque o Camiño tamén é un ben de interese para todos os vigueses"
  • A ruta da Costa xa foi a ruta preferida este ano por case 29.000 peregrinos, dos cales 3.637 optaron por facer parada no albergue do Berbés

Vigo, 20 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, anunciou este xoves a convocatoria da primeira edición da Etapa Popular Camiño da Costa por Vigo, unha iniciativa que se celebrará o vindeiro 30 de xuño cun percorrido polo tramo da peregrinación xacobea que atravesa o municipio vigués.

"A iniciativa ten como obxectivo mostrar á cidadanía viguesa o marabilloso roteiro do Camiño ao seu paso polo municipio, porque os datos avalan o éxito do percorrido que nace en Portugal e nos últimos meses reflicten que multitude de peregrinos optan polo Camiño da Costa", sinalou a representante autonómica.

Acompañada por representantes de comerciantes, hosteleiros e asociacións, Ortiz explicou que en este 2024 xa foron casi 29.000 os peregrinos que recolleron a súa Compostela tras realizar a ruta que pasa por Vigo. Ademais, apuntou que polas instalacións do albergue pasaron este ano un total de 3.637 camiñantes.

Única cidade de Europa sen sinalización

A delegada lembrou que actualmente Vigo é a única cidade de Europa que non ten sinalizado o Camiño de Santiago. "Gustaríame que esta iniciativa sirva para chamar a atención sobre a necesidade de marcar o Camiño para que ningún peregino pérdase polas nosas rúas", engadiu.

"Por todo iso e ante o auxe que está a experimentar, queremos convidar aos vigueses a participar o próximo día 30 nesta etapa popular, para que poidan coñecer de primeira man, o trazado oficial que se recolle de maneira oficial desde o ano 2016 na Lei de Patrimonio da Xunta de Galicia", sinalou.

Pola súa banda, o presidente da Federación Provincial de Comerciantes, Iván Iglesias, agradeceu a iniciativa da Xunta para promover "as sinerxias entre o comercio local, a hostalería e o turismo". María Fernández Varela, representante da Federación Empresarial de Turismo e Hostalería de Pontevedra, sinalou que "é unha evidencia a repercusión do Camiño da Costa, especialmente para a desestacionalización do turismo en Vigo".

I Etapa Popular Camiño da Costa en Vigo

A Xunta de Galicia en Vigo organiza esta actividade coa colaboración da Dirección Xeral de Turismo, contando coa súa participación na etapa do director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles. Para participar hai que rexistrarse chamando ao número de teléfono 986 81 77 97, desde hoxe ata o vindeiro xoves 27 como tope.

O punto de encontro o día 30 de xuño será na fachada da Delegación Territorial ás 8,15 horas. Desde aquí realizarase o traslado en bus de todos os participantes ata a parroquia de Saiáns, onde estará o punto de saída ás 09:00 horas. Na iniciativa colaboran a Federación Provincial de Comerciantes, a Federación Empresarial de Turismo e Hostalería de Pontevedra, Amigos dos Pazos, Vodea, Coca-Cola e Gadis. 

Percorrido

O percorrido comezará en Saiáns, na estrada PO-552, e finalizará en Teis, atravesando as parroquias de Oia, Coruxo, Balaídos, Castrelos, As Travesas e Casco Vello, cun tramo de aproximadamente 20 quilómetros. Ao finalizar a etapa haberá tamén servizo de buses que achegarán aos participantes de novo ao edificio administrativo.

"Esperamos ter unha grande participación co obxectivo de difundir un dos nosos grandes patrimonios culturais, porque o Camiño tamén é patrimonio de todos os vigueses", destacou a delegada territorial. Ademais, sinalou que "os peregrinos supoñen a día de hoxe un importante valor para a promoción turística da nosa cidade e os números de visitantes demostran que nunha porcentaxe moi alta son peregrinos", indicou.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278600 {"title":"A Xunta invita á cidadanía a participar na primeira edición da Etapa Popular Camiño da Costa para difundir o paso da ruta Xacobea por Vigo","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/935565\/_DSC6385.jpg","id":"278600"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278600-xunta-invita-cidadania-participar-na-primeira-edicion-da-etapa-popular-camino-da-costa-difundir-paso-da-ruta-xacobea-vigo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.