Rueda reivindica o papel da actividade turística na posta en valor do patrimonio e dos bens culturais

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A rehabilitación do faro para convertelo nun centro de interpretación dará un novo pulo á divulgación científica e á promoción da fauna e flora da zona 
  • Destaca o plan de rehabilitación de 12 Bens de Interese Cultural, que vai incluído no Plan Xacobeo Next Generation
  • No que levamos de ano, o turismo internacional continuou medrando, cun ritmo do 5%

Illa de Sálvora (A Coruña), 6 de xuño 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe o papel da actividade turística na posta en valor do patrimonio e dos bens culturais.

Así o manifestou na visita que fixo ás obras do Plan de Revalorización do Faro da Illa de Sálvora, acompañado da Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles. Unhas obras coas se pretende unha restauración estrutural do faro e convertelo en centro de observación turístico-científica, co que se dará un novo pulo á divulgación científica e á promoción da fauna e flora da zona. Algo que, afirma o presidente, se fará mantendo a esencia do lugar: "Sabemos perfectamente onde estamos e sabemos que o valor fundamental de este lugar e conservalo", resaltou.

Na súa intervención, o presidente da Xunta destacou o plan de rehabilitación de 12 Bens de Interese Cultural, que vai incluído no Plan Xacobeo Next Generation, como paso imprescindible para avanzar no coidado e mantemento do patrimonio galego: "Temos uns tesouros aquí que hoxe poñemos un pouco máis en valor", afirmou.

O mandatario galego quixo destacar as boas cifras deste primeiro trimestre no turismo de Galicia: "Hai menos de catro anos non sabíamos cando ía a recuperarse o turismo e este ano estamos en camiño de superar os oito millóns de visitantes", destacou. No que levamos de ano, aloxáronse máis de 1,3 millóns de viaxeiros, o turismo internacional continuou medrando, cun ritmo do 5%, e o sector hoteleiro está a rexistrar os seu mellores datos económicos.

Neste sentido, salientou a importancia dun turismo respectuoso co medio ambiente, e que avance en investigación e en mantemento dos bens culturais: "Hai que sabelo facer. Estamos nun momento turístico fantástico e actuacións como esta, de poñer en valor o noso, é como imos conseguir que todo isto vaia medrando sen que se nos vaia de mans e que siga creando cada vez máis riqueza en cada vila de Galicia", finalizou o presidente.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
246129 {"title":"Rueda reivindica o papel da actividade turística na posta en valor do patrimonio e dos bens culturais","published_date":"2024-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150731\/240606_Pte_MAmb_Salvora_DCS-01.jpg","id":"246129"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-06/246129-rueda-reivindica-papel-da-actividade-turistica-na-posta-valor-do-patrimonio-e-dos-bens-culturais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.