A Xunta concede as Medallas Castelao 2024 a Leilía, Borja Golán, Amancio López Seijas, Maite Isla e Asomega

Imagen del artículo A Xunta concede as Medallas Castelao 2024 a Leilía, Borja Golán, Amancio López Seijas, Maite Isla e Asomega

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Rueda salienta que estes galardóns "son un dos recoñecementos máis importantes que outorga a comunidade"
  • A entrega terá lugar, como cada ano, o vindeiro 28 de xuño

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe o nome das cinco persoas galardoadas coas Medallas Castelao 2024, despois de que o Consello aprobase esta mañá concederllas ao grupo Leilía, o deportista Borja Golán, o empresario Amancio López Seijas, a activista Maite Isla e a Asociación de Médicos Galegos (Asomega). "Xunto coas Medallas Galicia, son un dos recoñecementos máis importantes que outorga a comunidade", indicou.

Rueda salientou que o Goberno autonómico decidiu galardoar nesta edición a Leilía, "un dos primeiros grupos de pandeireteiras que houbo en Galicia" e que deixou neste 2024 os escenarios tras 30 anos de carreira. O presidente destacou que "foron pioneiras" na promoción do folclore galego e "abriron camiño a moitos que artistas e agrupacións que viñeron detrás".

A activista Maite Isla, que forma parte "desde hai máis de 30 anos" de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, tamén recibirá esta distinción en representación dunha entidade que leva décadas traballando por "mellorar as condicións de vida do pobo saharaui". Ademais, tal e como resaltou Rueda, esta asociación "foi a precursora do programa Vacacións en paz" que permite que cada verán nenos e nenas dos campos de refuxiados do Sáhara pasen varios meses en Galicia con familias de acollida.

Outra Medalla Castelao recae no deportista Borja Golán, considerado "o mellor xogador español de squash de todos os tempos". Rueda destacou que no seu palmarés conta con 16 campionatos de España, dous de Europa e que foi "número 5 do ránking mundial" no ano 2014.

Outra das Medallas Castelao será para o empresario e fundador do Grupo Hotusa, Amancio López Seijas. O titular do Goberno galego resaltou que se trata "dun dos maiores consorcios hoteleiros que hai na actualidade" -con 2.700 establecementos por todo o mundo e máis de 5.000 traballadores- e fixo fincapé "no especial compromiso" de López con Galicia, onde emprega a "preto de 700 persoas".

Por último, a Asociación de Médicos Galegos (Asomega), que recibirá esta distinción xusto o ano no que celebra o seu 30 º aniversario. Tal e como explicou Rueda trátase dunha entidade "que aglutina profesionais da medicina vencellados a Galicia", que promove a investigación e que, na actualidade, conta con membros "nos cinco continentes".

A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil outorgada pola Xunta de Galicia ás personalidades e institucións que destacan polo seu traballo no eido artístico, literario, deportivo, económico ou intelectual. "A gala de entrega celebrarase o vindeiro 28 de xuño, como todos os anos, coincidindo co aniversario da aprobación do plebiscito do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia e do regreso a Galicia dos restos mortais de Castelao", explicou o presidente.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
271992 {"title":"A Xunta concede as Medallas Castelao 2024 a Leilía, Borja Golán, Amancio López Seijas, Maite Isla e Asomega","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/medallasweb.jpg","id":"271992"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/271992-xunta-concede-as-medallas-castelao-2024-leilia-borja-golan-amancio-lopez-seijas-maite-isla-e-asomega https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.