Nove mulleres presentan na Casa de Galicia o libro solidario, "No me llames valiente y tráeme croquetas"

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Madrid, 9 de maio de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación do libro "No me llames valiente y tráeme croquetas", coa presenza de nove mulleres que relataron ao público, que abarrotou a sala, a súa experiencia co cancro de mama ou de útero.

Non son "guerreiras" son un grupo de mulleres que se fixo aínda máis forte, aprendendo xuntas do vivido. Son Ana Siles, Amalia Castel, Patricia Lluch, Steffi Mallebrein, Pilar Castro, Virginia Muñoz, Elena Mendoza, Regina Knaster e Margarita González.

Coñecéronse compartindo as súas experiencias a través das redes sociais, en concreto a través de Instagram, "los lunes al Zoom".

Nas páxinas deste libro solidario o lector poderá atopar as súas historias máis íntimas, e todo aquilo que ninguén lles explicou a elas. E fano afrontando con humor a desgraza, con paixón o desamor e con esperanza o drama, para axudar a outras a sentirse mellor.

"Tamén é un relato de agarimo, de unión, de comprensión e de amizade. Sobre todo de amizade, de ser unhas descoñecidas. A ser irmás de vulnerabilidade. Todas para unha e unha para todas. É esta experiencia a que compartimos para estendela en aprendizaxes e esperanzas futuras a aquelas que estean na nosa situación, pero sobre todo á contorna que rodea esta enfermidade familiares, terapeutas, facultativos e amizades. Lelo darache esas ferramentas que necesitas para axudar desde a practicidade e o amor", comentaron.

Nove mulleres comprometidas e solidarias, que crearon este libro cuxos beneficios irán destinados á investigación en cancro de mama metastásico a través da Asociación Española Cáncer de Mama Metastásico.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24178 {"title":"Nove mulleres presentan na Casa de Galicia o libro solidario, \"No me llames valiente y tráeme croquetas\"","published_date":"2024-05-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887435\/casa+de+galicia+1.jpg","id":"24178"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-09/24178-nove-mulleres-presentan-na-casa-galicia-libro-solidario-me-llames-valiente-traeme-croquetas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.