Rueda destaca que Galicia é pioneira en medidas para promover o retorno da colectividade no exterior

Imagen del artículo Rueda destaca que Galicia é pioneira en medidas para promover o retorno da colectividade no exterior

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Salienta a Estratexia Galicia Retorna, posta en marcha polo Goberno galego co obxectivo de facilitar o regreso de 30.000 persoas ata 2026
  • Agradece o traballo diario dos representantes da colectividade na diáspora e subliña a importancia de seguir colaborando para atender as súas necesidades

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou o papel pioneiro de Galicia na posta en marcha de medidas para promover o retorno da colectividade no exterior, poñendo como exemplo a Estratexia Galicia Retorna, que, tal e como salientou, ten contribuído a que a cifra de poboación da comunidade medrase en 2022 e 2023 despois de anos de descenso, compensando así o saldo vexetativo negativo.

Así o indicou durante a inauguración da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, no que estivo acompañado polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración. Na súa intervención, Rueda quixo agradecer o labor diario dos representantes da colectividade no exterior e subliñou a importancia de seguir traballando man a man para atender as necesidades dos galegos na diáspora.

"Sodes os mellores embaixadores que temos, e sodes unha parte de Galicia e de España alí onde estades", sinalou o presidente da Xunta, facendo referencia ao labor que realizan os galegos no exterior tanto no tocante á conservación das raíces culturais como á "axuda social aos galegos que máis o seguen necesitando".

A Estratexia Galicia Retorna xa facilitou o regreso de 28.000 persoas na súa primeira edición e agora busca facilitar o regreso doutras 30.000 ata 2026. Esta iniciativa, dotada con 450 millóns de euros, inclúe unha ampla gama de apoios, como bolsas para cursar un máster ou un ciclo de FP a partir de 2025 e que se complementarán coas novas axudas para poder vir a Galicia a estudar un grao.

Así mesmo, tamén contempla axudas extraordinarias para cubrir os gastos do retorno; un programa específico para ofrecer emprego de calidade (Retorna Cualifica Emprego); medidas para axudar a emprender; ou unha rede de oficinas de atención ao retornado para asesorar sobre vivenda, sanidade, educación ou emprego.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
291034 {"title":"Rueda destaca que Galicia é pioneira en medidas para promover o retorno da colectividade no exterior","published_date":"2024-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"291034"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-27/291034-rueda-destaca-galicia-e-pioneira-medidas-promover-retorno-da-colectividade-exterior https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.