Rueda anuncia unha Lei de administración ambiental simplificada que adaptará o marco normativo galego aos retos climáticos e reforzará a seguridade xurídica de promotores privados e administracións

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Informa de que o Consello autorizou esta mañá levar a cabo un procedemento de consulta pública previa antes de proceder á elaboración do anteproxecto lexislativo
  • Galicia aspira a ocupar unha posición de vangarda entre as comunidades ao dotarse dun dos ordenamentos autonómicos máis modernos e innovadores de todo o país, en liña cos estándares de protección ambiental da UE e os obxectivos do Pacto verde
  • Apostarase pola simplificación administrativa axilizando procedementos de autorización, licenza e avaliación, mellorando a coordinación entre os organismos implicados e revisando os instrumentos de prevención para eliminar os innecesarios
  • Ángeles Vázquez indica que a lei contribuirá a clarificar o ordenamento xurídico ambiental e ofrecerá máis garantías aos promotores de actividades suxeitas a el, á vez que "previrá conflitos xudiciais interpretativos" sobre as diferentes normas

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta impulsará a tramitación da Lei de administración ambiental simplificada de Galicia para actualizar o marco normativo autonómico vixente co dobre obxectivo de "adaptalo aos novos retos" en materia de clima e enerxía e, á vez, "reforzar a seguridade xurídica" que exixen tanto os promotores de actividades económicas suxeitas á intervención ambiental, como as administracións responsables da súa aplicación.

Para tal fin, o titular do Goberno galego informou de que o Consello autorizou á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a iniciar o procedemento de consulta pública previa, antes de proceder á elaboración do anteproxecto lexislativo, un primeiro paso que permitirá tamén coñecer a postura da cidadanía sobre a necesidade de abordar esta norma e facilitaralle unha canle de participación na súa redacción. Tal e como indicou a conselleira titular desta área, Ángeles Vázquez, a consulta estará dispoñible na web da Consellería "a partir de mañá e ata o mes de setembro".

A decisión, como explicou a responsable autonómica, responde tanto á complexidade e dispersión das normas sobre avaliación e intervención ambiental que caracterizan este momento como á propia experiencia adquirida desde a aprobación no ano 1995 da Lei de protección ambiental de Galicia. "A convivencia de diferentes normativas xera incertezas e mesmo pode poñer en perigo proxectos que xa contaban con autorización", asegurou.

Todo isto fai recomendable revisar o marco normativo da protección ambiental a nivel autonómico e substituílo por unha nova lei que sistematice, actualice e integre os distintos instrumentos de prevención das actividades económicas suxeitas a control pola súa propia natureza e de acordo cos novos retos sociais e ambientais —sobre todo, cos derivados dos obxectivos da transición climática— e co marco regulatorio comunitario e estatal vixentes.

De feito, Ángeles Vázquez incidiu en que a Xunta aspira a situar Galicia nunha "posición de vangarda" respecto ao resto de comunidades e para iso quere dotala dun dos ordenamentos ambientais máis modernos e innovadores de toda España, seguindo os exemplos recentes de Euskadi ou Asturias, que aprobaron nos últimos anos normas propias de intervención neste eido.

Así, a futura lei galega garantirá que se cumpran os estándares de protección ambiental da UE, que foi a punta de lanza dos últimos avances do dereito ambiental, e irá en liña cos obxectivos do Pacto verde europeo, que pon no centro das políticas de desenvolvemento socioeconómico o obxectivo da neutralidade climática no ano 2050.

Para acadar estes obxectivos e de acordo coa tendencia a clarificar os procedementos administrativos, a nova lei simplificará algúns deles, sen prexuízo do rigor na análise dos proxectos e do mantemento dun alto nivel de protección ambiental que garanta sempre o máis estrito cumprimento do ordenamento comunitario nesta materia.

Apostarase pola axilización dos procedementos de autorización, licenza e avaliación ambiental, pola mellora da coordinación entre as administracións implicadas na tramitación, fomentando a colaboración de todas as partes, e por unha revisión da definición dos instrumentos de prevención e control ambiental —como a autorización ambiental integrada— que actualice o réxime dalgúns deles ou mesmo elimine os que se consideren innecesarios. Ademais, a norma aplicará o principio de que cada proxecto se someta a un único procedemento ambiental de autorización ou de comunicación previa.

Máis certeza e menos conflitividade

Fronte á dispersión normativa e para acabar coas posibles causas que xeran inseguridade e mesmo poñen en risco certas actividades e proxectos unha vez autorizados, a futura lei buscará introducir unha maior claridade e certeza no ordenamento xurídico ambiental de Galicia, reforzando, deste xeito, a seguridade xurídica dos operadores suxeitos á intervención ambiental pola natureza dos seus proxectos e, tamén, a das administracións públicas que teñen que aplicar o referido marco legal.

Ademais, tal e como explicou a conselleira, grazas á integración nun só texto normativo dos diferentes instrumentos administrativos exixidos polo ordenamento vixente, a Lei de administración ambiental simplificada tamén permitirá "previr ou minimizar a proliferación de conflitos xudiciais interpretativos" sobre a aplicación das devanditas normas e, polo tanto, proporcionará a seguridade necesaria para o asentamento de actividades que requiren dunha avaliación.

"Seguiremos traballando para facer de Galicia unha terra atractiva para investir na que, como non pode ser doutro xeito e como ata o de agora, só terán cabida os proxectos que respecten escrupulosamente a lexislación en materia medioambiental", manifestou Ángeles Vázquez.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
284856 {"title":"Rueda anuncia unha Lei de administración ambiental simplificada que adaptará o marco normativo galego aos retos climáticos e reforzará a seguridade xurídica de promotores privados e administracións","published_date":"2024-06-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150822\/240624_Pte_MAm_Consello_RP_DCS-2.jpg","id":"284856"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-24/284856-rueda-anuncia-unha-lei-administracion-ambiental-simplificada-adaptara-marco-normativo-galego-aos-retos-climaticos-e-reforzara-seguridade-xuridica-promotores-privados-e-administracions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.