Rueda destaca que máis 70.000 persoas demandantes de emprego beneficiaranse nun ano do perfilado competencial con intelixencia artificial da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Asegura que o obxectivo é casar oferta e demanda no eido laboral xa que Galicia "conta con 15.000 postos de traballo se cubrir"
  • O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración salienta que esta medida se enmarca na modernización do Servizo Público de Emprego que xa utiliza o software EMI, pioneiro en España
  • O presidente resalta que esta ferramenta permite detectar mellor as competencias que se deben traballar e "facilita aos orientadores laborais" a toma de decisións para aumentar a empregabilidade das persoas usuarias
  • Con ela poden coñecerse as competencias dispoñibles en cada concello de Galicia, prever o comportamento laboral comarcal e de cada ocupación e ademais facilita a programación de accións formativas adaptadas ás necesidades competenciais 

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que vaise reformar o uso de intelixencia artificial no Servizo Público de Emprego para "poder facer o perfilado competencial de máis de 70.000 persoas nun ano" e mellorar as súas oportunidades e inserción laboral. O obxectivo é casar oferta con demanda no ámbito laboral para poder cubrir "os 15.000 postos de traballo que hai vacantes en Galicia"

Rueda lembrou que a Xunta está a levar a cabo "a implantación progresiva de ferramentas con intelixencia artificial para mellorar os servizos públicos". A medida hoxe aprobada enmárcarse na modernización que se está levando a cabo do Servizo Público de Emprego e permite incorporar datos de calidade á ferramenta software EMi, dispoñible nas 54 oficinas de emprego de Galicia para casar oferta e demanda laboral en tempo real mediante intelixencia artificial. "Somos a primeira comunidade en contar cunha ferramenta" deste tipo, engadiu o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González.

Así, a Xunta busca avanzar na súa aposta para detectar mellor as competencias que se deben traballar e "para facilitar aos orientadores laborais a toma de decisións", indicou Rueda, co fin de aumentar a empregabilidade das persoas usuarias. 

A iniciativa está dirixida ás persoas demandantes de emprego que permanezan polo menos 30 días en situación de desemprego. Tamén forman parte dela as que participan no programa de seguimento intensivo da demanda de emprego, que no seu primeiro ano de funcionamento facilitou a contratación de máis de 3.700 galegas e galegos. 

Este programa de seguimento de emprego permite centrar o traballo da EMi -ferramenta pioneira entre as comunidades autónomas e mesmo a nivel europeo- nos demandantes efectivos de emprego que se achegan ás oficinas. Neste sentido, no caso de que non se acepten as ofertas de emprego axeitadas a través do perfilado competencial e, máis alá de causas xustificadas, isto podería desembocar nun procedemento sancionador que determine a suspensión da súa inscrición e a perda dos beneficios asociados.

Competencias ESCO   

Estas persoas obxecto do perfilado reciben unha cita de orientación na que se revisa a súa experiencia laboral e se identifican as súas competencias con base na clasificación europea de competencias (ESCO).

Deste xeito, por unha banda, a nivel persoal, EMi combina as competencias de cada persoa demandante con datos avanzados do mercado laboral da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e permite tomar decisións con soporte estatístico sobre distintas cuestións. Entre elas, tal e como explicou González, están "ocupacións alternativas relacionadas coas súas competencias, necesidades de formación para incrementar a empregabilidade da persoa usuaria, outras ocupacións emerxentes relacionadas co seu perfil e empresas que están contratando nas ocupacións de interese na localidade da persoa demandante".

Por outra banda, en relación coa Comunidade Autónoma, con esta aplicación poden coñecerse as competencias dispoñibles en cada concello, comarca e provincia de Galicia e onde están xurdindo as mellores oportunidades laborais de cada perfil. Ademais, con ela as empresas poden localizar no Servizo Público de Emprego de Galicia entre as máis de 13.000 competencias dispoñibles o talento que mellor se adapte ás súas necesidades.

Tamén se pode prever o comportamento laboral de cada comarca de Galicia e de cada ocupación referida aos 6 próximos meses. Outra das vantaxes do programa neste eido é que facilita a programación de accións formativas adaptadas ás necesidades competenciais de cada localidade, xa que contribúe a detectar carencias neste ámbito. 

Novos orientadores para aplicalo

Este labor realízano os máis de 400 orientadores do Servizo Público de Emprego de Galicia, entre os que se atopan os 136 cos que o Goberno galego reforzou este servizo no 2023 e os que financia nas entidades locais e sen ánimo de lucro. Este persoal e as persoas directoras das oficinas de emprego reciben formación específica para identificar as competencias e mellorar a motivación das persoas demandantes de emprego. 

Entre outras accións realízanse mentorizacións, programas específicos de coaching, así como microformacións sobre perfilado de competencia e uso da ferramenta EMi. Ademais lévase a cabo un seguimento da calidade dos perfís realizados co fin de mellorar o perfil competencial.

Modernización do emprego para afrontar retos

O programa de perfilado competencial forma parte do proceso de modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia, área á que a Xunta destina 8,5 millóns de euros para este ano. Deste xeito, busca facer máis accesibles, próximos e dinámicos os servizos de emprego aos traballadores e ao tecido empresarial galego para atender axilmente as súas necesidades. 

Dentro desta estratexia de modernización tamén se inclúe a renovación das oficinas de emprego ás que a Xunta está a dotar de novo equipamento e onde está a realizar obras e novas infraestruturas. Outra das accións que forma parte dela é o reforzo do servizo de orientación laboral e prospección empresarial, que posibilita o programa de perfilado competencial. Tamén contribúe a casar a oferta e a demanda no eido laboral a Axenda galega de capacidades para o emprego, que se articulou a través dun gran pacto social e que aposta pola aprendizaxe permanente das persoas para avanzar nas súas capacidades, pola competitividade das empresas e pola colaboración público-privada.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
271999 {"title":"Rueda destaca que máis 70.000 persoas demandantes de emprego beneficiaranse nun ano do perfilado competencial con intelixencia artificial da Xunta","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/240620_Pte_Empr_Consello_RP_DCS-1.jpg","id":"271999"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/271999-rueda-destaca-mais-70-000-persoas-demandantes-emprego-beneficiaranse-nun-ano-do-perfilado-competencial-intelixencia-artificial-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.