A Xunta apoia a 17ª edición do maratón de fútbol sala de Castroverde, que se celebra do 7 ao 9 de xuño

Imagen del artículo A Xunta apoia a 17ª edición do maratón de fútbol sala de Castroverde, que se celebra do 7 ao 9 de xuño

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Delegación Territorial de Lugo acolleu a presentación do torneo, que ten aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 5 de xuño e espera reunir uns 24 equipos

Lugo, 31 de maio de 2024

A Xunta colabora co Maratón de Fútbol Sala de Castroverde, que se celebra a fin de semana do 7 ao 9 de xuño no pavillón polideportivo da Ferrería. Está organizado polo club Castroverde FS.

A Delegación Territorial da Administración autonómica en Lugo acolleu hoxe a presentación do programa, coa participación do delegado territorial, Javier Arias; a presidenta e o vicepresidente da entidade deportiva, María Ubaldina García e Borja López; e os xogadores Lino López e Sergio Ferreiro, entre outras persoas.

O prazo de inscrición está aberto ata o 5 de xuño e a organización espera reunir uns 24 equipos de fútbol sala nesta edición. Polo momento hai 20 inscritos, a maioría deles da provincia de Lugo pero tamén doutras localidades da Coruña e Ourense. Haberá premios e trofeos para os primeiros clasificados.

A programación inclúe actividades paralelas, como animación musical cun DJ que actuará os tres días e un torneo de tute. Desenvolveranse nunha zona habilitada pola organización no exterior do recinto deportivo da Ferrería.

Javier Arias felicitou ao Castroverde FS por promover este encontro co que "contribúen a dinamizar o concello" ao tempo que lles serve de impulso para o funcionamento do club durante todo o ano e para seguir apostando polo seu crecemento.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
233892 {"title":"A Xunta apoia a 17ª edición do maratón de fútbol sala de Castroverde, que se celebra do 7 ao 9 de xuño","published_date":"2024-05-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150713\/310524+Marat%C3%B3n+Futbol+Sala+Castroverde.jfif","id":"233892"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-31/233892-xunta-apoia-17-edicion-do-maraton-futbol-sala-castroverde-se-celebra-do-7-ao-9-xuno https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.