A Xunta destina 7 M€ a impulsar proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética no sector industrial da provincia da Coruña

Imagen del artículo A Xunta destina 7 M€ a impulsar proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética no sector industrial da provincia da Coruña

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Rueda resalta que se financian co Fondo de Transición Xusta, destinado ás zonas máis afectadas pola descarbonización como é o caso da provincia coruñesa tras o peche das centrais térmicas das Pontes e Meirama
  • O obxectivo é contribuír a creación ou mantemento de 150 postos de traballo, mobilizar 15 M€ e acadar unha redución na emisión de gases de efecto invernadoiro equivalente á plantar 165.000 árbores

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego vai destinar 7 millóns de euros "a impulsar proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética en empresas do sector industrial da provincia da Coruña". Os apoios, que se financian co Fondo de Transición Xusta, permitirán un aforro enerxético anual superior a 3.100 MWh e unha redución na emisión de gases de efecto invernadoiro de 3.300 toneladas de CO2 ao ano, o equivalente a plantar 165.000 árbores. 

Estas axudas favorecerán a mobilización de 15,5 millóns de euros e contribuirán á creación ou mantemento de máis de 150 postos de traballo. Neste sentido, priorizarase a creación de emprego nos concellos máis afectados polo peche das centrais térmicas das Pontes e Meirama (Cerceda), con especial apoio á xeración de postos de traballo para colectivos de interese. 

Os apoios, que poden chegar aos 3 millóns de euros por proxecto, son de ata o 45 % do investimento subvencionable no caso dos proxectos de grandes empresas, mentres que no caso das pemes serán do 45 % ou do 55 % en función da porcentaxe de redución de emisións xustificada.

Con estas axudas do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) búscase incentivar a transformación ecolóxica da actividade industrial de cara a unha economía baixa en carbono, e a súa competitividade nun mercado global, diminuíndo o consumo de enerxía e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible.  

Rueda destacou que esta nova liña de axudas está enmarcada nos "111 millóns de euros asignados a Galicia no Fondo de Transición Xusta" para promover diferentes iniciativas que axuden a recuperar a economía da provincia da Coruña, afectada principalmente polo peche das centrais térmicas das Pontes e Meirama. 

É dicir, estas axudas que se enmarcan na Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 e na Axenda Enerxética de Galicia 2030 contribúen a reactivar e dinamizar a economía da provincia tras o peche das centrais térmicas. 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24102 {"title":"A Xunta destina 7 M€ a impulsar proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética no sector industrial da provincia da Coruña","published_date":"2024-05-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887426\/panelSolar.jpg","id":"24102"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-06/24102-xunta-destina-7-m-impulsar-proxectos-singulares-mellora-da-sustentabilidade-enerxetica-sector-industrial-da-provincia-da-coruna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.