O presidente da Xunta e o da Deputación de Ourense reforzan a colaboración para impulsar a economía da provincia e o benestar da cidadanía

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ambas institucións continuarán potenciando a estación de Manzaneda, asumindo de xeito conxunto a liquidación da débeda e achegando financiamento anual
  • Traballarase para implantar o transporte metropolitano en Ourense e seguirase demandando ao Goberno central a estación de mercadorías de San Cibrao, para a cal o Executivo autonómico está disposto a ceder 100.000 m2
  • A Deputación colaborará cos concellos beneficiarios do Plan de investimentos da Xunta en centros de maiores, no cal Ourense é a provincia con máis actuacións

Ourense, 26 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acordaron hoxe reforzar a colaboración entre ambas institucións para seguir impulsando a economía da provincia e o benestar da cidadanía. Así o trasladou hoxe o titular do Executivo galego tras a reunión que mantiveron na cidade das Burgas. Rueda valorou o ton construtivo e cordial do encontro, sinalando que hai moitos campos "onde a Xunta e as deputacións podemos facer moitísimas cousas" e incidindo en que "a unión sempre fai a forza".

 

Un dos puntos da xuntanza foi o impulso á Estación de Manzaneda, que, tal e como subliñou Rueda, está "inmersa nun proceso de desestacionalización que está dando froitos". A Xunta e a Deputación acordaron liquidar a débeda, para o cal a Administración autonómica achegará 1,5 millóns de euros e a Deputación un millón máis. A partir de aí, tal e como explicou Rueda, acordouse achegar anualmente entre ambas administracións 800.000 euros para a súa xestión ordinaria.

 

Tamén en relación co sector turístico, Xunta e Deputación seguirán impulsando conxuntamente o termalismo, así como a Vía da Prata e o Camiño de Inverno, contribuíndo á súa difusión e dotando de servizos as rutas xacobeas.

 

Ademais, contribuirase a reforzar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Así, o presidente do Goberno galego destacou o proxecto de mobilidade sostible que se vai desenvolver na zona, cun orzamento de 5 millóns de euros dos cales a Xunta achega 3 millóns. Por parte da Deputación de Ourense confirmouse que a entidade provincial achegará un millón máis, sinalando Rueda que lle pedirá un compromiso similar ao presidente da Deputación de Lugo.

 

No eido do transporte, traballarase para implantar o transporte metropolitano en Ourense, que beneficiaría non só aos veciños da cidade senón aos de toda a contorna. Para iso é "imprescindible", tal e como subliñou o máximo responsable do Goberno galego, a intervención do Concello de Ourense. Tamén se seguirá demandando ao Goberno central que realice os estudos de viabilidade e achegue o financiamento para a realización da estación de mercadorías de San Cibrao. Rueda lembrou a disposición da Xunta a ceder máis de 100.000 m2 para impulsar esta infraestrutura.

 

O presidente da Xunta tamén sinalou que se manterá a cooperación en materia de loita contra os incendios forestais, unha "colaboración exemplar" que se plasma nun protocolo anual para levar a cabo actuacións preventivas, no que desde a Xunta se invisten 2,8 M€ e desde a Deputación 1,3 millóns, ata chegar aos 4,1 totais.

 

No eido rural, Rueda fixo fincapé en que "nin a Xunta nin a Deputación imos deixar na estacada" aos regantes da Limia. Recordou que a Xunta leva investidos 7 millóns de euros e demandou de novo ao Executivo central que asuma o IVE das actuacións que se fixeron.

 

En materia de servizos sociais, acordouse que a Deputación colaborará economicamente cos concellos beneficiarios do Plan de investimentos da Xunta para construír, reformar ou ampliar centros de maiores de titularidade municipal. A Administración autonómica achegará 18,5 M€ para 24 actuacións en toda Galicia, e Ourense é a provincia máis beneficiada con 16 proxectos, nos cales a Deputación tamén colaborará completando o financiamento que teñen que realizar os concellos.

 

Na xuntanza celebrada hoxe tamén se abordou a posta en marcha dun plan piloto para colaborar cos concellos na contratación de persoal técnico para colaborar cos Servizos Sociais municipais. Do mesmo xeito, a Deputación de Ourense cooperará en distintas accións impulsadas pola Xunta para a formación de traballadores e a obtención de certificados de profesionalidade. De igual forma, a Deputación de Ourense apoiará a demanda autonómica ao Ministerio de Xustiza para a creación dun xulgado de loita contra a violencia machista na cidade que preste servizo a toda a provincia.

 

Proxectos no eido do deporte, o solo industrial e o ámbito sanitario

A xuntanza celebrada hoxe na sede da Delegación territorial da Xunta en Ourense tamén permitiu avanzar noutras colaboracións en ámbitos como o sanitario, o deporte ou o solo industrial.

Así, a Deputación cederá a parcela para a construción do Centro de Saúde de Mariñamansa, unha vez que o Concello realice o cambio de uso necesario. En materia de infraestruturas, tamén se continuará impulsando a mellora da OU-533, estratéxica tras a entrada en funcionamento da alta velocidade por prestar servizo á estación da Gudiña e tamén será obxecto de melloras a OU-540 que une coa fronteira portuguesa.

 

No ámbito industrial, desenvolveranse diferentes medidas para paliar a falta de solo industrial, con actuacións centradas na ampliación do Polígono de San Cibrao, e tamén no parque empresarial do Pereiro, entre outras.

 

No relativo aos deportes, no encontro abordouse a construción da Cidade Deportiva provincial de San Cibrao das Viñas, e as actuacións que vai desenvolver a Deputación para seguir dotando de valor o parque acuático de Monterrei.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
289119 {"title":"O presidente da Xunta e o da Deputación de Ourense reforzan a colaboración para impulsar a economía da provincia e o benestar da cidadanía","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/98897-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289119"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289119-presidente-da-xunta-e-da-deputacion-ourense-reforzan-colaboracion-impulsar-economia-da-provincia-e-benestar-da-cidadania https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.