Rueda salienta a importancia de apostar pola formación de talento novo no emprego

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Encomia o labor de Urovesa desde a súa fundación, fai corenta anos
  • Destaca o potencial da compañía máis alá de Galicia como un gran valor para toda a comunidade
  • Pon en valor o bo momento de internacionalización das empresas galegas

Valga (Pontevedra), 29 de maio de 2024

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, salientou a importancia de que as empresas aposten pola formación de talento novo no emprego e remarcou o compromiso da Xunta coa formación de capital humano.

Así o explicou hoxe durante a visita ás instalacións de Urovesa en Valga, onde participou na inauguración do novo centro de formación e na entrega de diplomas dos estudantes que remataron a primeira edición. Uns cursos que forman parte das axudas do programa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración dirixidas a apoiar nas empresas unha formación á carta dos perfís que precisen cun compromiso de contratación. A convocatoria deste ano conta cun investimento de 8 millóns de euros, que a Xunta quere reforzar na súa aposta por unha formación flexible adaptada ás necesidades do tecido empresarial.

No acto, o presidente encomiou o labor desta empresa nos seus corenta años de vida, á que destacou como un exemplo de prestixio e bo facer. Salientou a importancia de que "nun concello pequeno, aquí, nunha esquina de España, haxa unha empresa destas características, con este prestixio, capaz de competir cos mellores e gañar".

Na súa intervención, o presidente puxo en valor o bo momento de internacionalización das empresas galegas, despois dun 2023 que supuxo un novo ano récord no que as exportacións de Galicia superaron por primeira vez os 30.000 M€. Neste sentido, salientou o potencial de Urovesa como exemplo de empresa de interese para toda a comunidade, xa que "a Galicia lle interesa moitísimo un emprego industrial de calidade, consolidando e en proceso de medrar".

Para finalizar, Rueda asegurou o potencial de Urovesa e recalcou o apoio da Xunta ao talento novo: "entrades nunha empresa de prestixio que non vai facer outra cousa que medrar. E nós estaremos ao lado para velo e sentirnos orgullosos".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
228937 {"title":"Rueda salienta a importancia de apostar pola formación de talento novo no emprego","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/240528_Pte_Empr_Uro_DCS-1.jpg","id":"228937"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/228937-rueda-salienta-importancia-apostar-pola-formacion-talento-novo-emprego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.