Rueda visita o Centro Galego de Comodoro Rivadavia na súa viaxe por Arxentina

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Salienta que a entidade conte cun museo sobre a emigración, fundamental para entender a historia de Galicia

Comodoro Rivadavia (A Arxentina), 3 de maio de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou onte o Centro Galego de Comodoro Rivadavia, un lugar de encontro para a colectividade galega que leva activo desde hai máis dun século. Durante o encontro, resaltou o gran labor que centros coma este realizan desde hai décadas para difundir a lingua e cultura galegas por todo o mundo e, salientou que, neste caso, a entidade conte cun museo sobre a emigración, fundamental para entender a historia de Galicia.

Na visita, na que estivo acompañado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o titular do Goberno galego trasladou o apoio da Xunta a todos aqueles galegos do exterior que desexen volver a Galicia a través da Estratexia Retorna, coa que se pretende facilitar o regreso de 30.000 persoas ata 2026, e que inclúe un cento de medidas coma asesoramento personalizado aos retornados sobre emprego, vivenda e educación.

Visita 'Atlántico 1'

O presidente da Xunta tamén aproveitou a tarde de onte para visitar o barco Atlántico 1 da empresa Pesquera Deseado, logo de visitar tamén as instalacións de Conarpesa, Iberconsa e Estrella Patagónica, compañías pesqueiras de capital galego que contan coas súas sedes na Patagonia.

Uns encontros que responden á defensa do Goberno galego da importancia social e económica destas empresas, "fundamentais na economía desta provincia de Chubut, tal e como me comentaba o gobernador", asegurou Rueda, ao mesmo tempo que comprometeu as máximas facilidades para que sigan xerando riqueza.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24027 {"title":"Rueda visita o Centro Galego de Comodoro Rivadavia na súa viaxe por Arxentina","published_date":"2024-05-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887417\/240502_Pte_CGComodoroRivadavia_XUNTA_001.JPG","id":"24027"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-03/24027-rueda-visita-centro-galego-comodoro-rivadavia-na-sua-viaxe-arxentina https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.