Rueda destaca o apoio da Xunta a automoción con 18 M€ para axudar ás empresas auxiliares no proceso de transformación do sector

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Asegura que Galicia seguirá sendo un referente na automoción grazas a "excelencia, preparación e asentamento no territorio" do sector
  • A Xunta ultima o plan director deste eido, a folla de ruta que fixe as medidas e medios necesarios para afrontar os retos do futuro máis inmediato
  • Esta medida se inclúe entre os compromisos dos primeiros 100 días de Goberno
  • Resalta o labor do Centro Tecnolóxico da Automoción no que se "deseña, inventa e exporta" tecnoloxía para diferentes lugares

O Porriño (Pontevedra), 4 de xuño 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o apoio da Xunta á automoción galega cunha nova liña de axudas de 18 millóns de euros para axudar ás empresas auxiliares no proceso de transformación que atravesa o sector. 

Durante unha visita ao Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, acompañado da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, o presidente fixo fincapé na revolución que está a vivir a automoción coa chegada do vehículo eléctrico e a aposta por unha mobilidade máis sustentable. Nesta liña, resaltou que a automoción galega conta "coa excelencia, a preparación e o asentamento no territorio" necesario para "superar" esta fase de transición.

A automoción é un sector fundamental para a economía galega ao representar máis do 13% do PIB e xerar 25.000 empregos. Entre as medidas que ten en marcha a Xunta para apoialo, Rueda resaltou a nova liña de axudas dirixida ás empresas auxiliares neste proceso de adaptación cara un modelo de produción de vehículos non contaminantes. 

Galicia cumpre

Ademais, a Xunta traballa no plan director da automoción, un documento que estivo aberto a consulta pública no portal de transparencia -para solicitar a opinión da cidadanía e das organizacións máis representativas- e que está a ser elaborado con todos os axentes da cadea de valor (sector privado, representantes dos traballadores, etc...). O borrador será presentado o vindeiro mes para a súa posterior tramitación, cumprindo co compromiso de poñer en marcha esta medida nos primeiros 100 días de Goberno. 

O plan director da automoción recollerá as medidas, mecanismos e medios necesarios para reforzar un sector no que Galicia xa é un referente, fomentar a súa internacionalización e sustentabilidade, impulsar a innovación industrial, captar novos investimentos e incrementar o emprego.

Centro de referencia en innovación

Durante a visita ás instalacións do CTAG no Porriño, o presidente da Xunta salientou o papel deste centro á hora de situar a automoción galega coma un referente a nivel internacional. Rueda destacou o labor diario dos 1.200 empregados deste centro no que "se deseña, se inventa e se exporta" a moitos lugares do mundo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
241978 {"title":"Rueda destaca o apoio da Xunta a automoción con 18 M€ para axudar ás empresas auxiliares no proceso de transformación do sector","published_date":"2024-06-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/94803-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"241978"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-04/241978-rueda-destaca-apoio-da-xunta-automocion-18-m-axudar-as-empresas-auxiliares-proceso-transformacion-do-sector https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.