Rueda destaca a excelencia e o talento do alumnado universitario galego como claves para o futuro da comunidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Salienta o esforzo e dedicación dos 209 estudantes galardoados por contar cun expediente sobresaínte
  • Subliña a creación de novos másteres, a conxelación das taxas universitarias e a gratuidade da primeira matrícula como algunhas das medidas impulsadas para fortalecer o Sistema Universitario Galego

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o "talento e esforzo" dos universitarios galegos, asegurando que son "a Galicia do futuro". Así se referiu no acto de entrega dos Premios Fin de Carreira correspondentes aos cursos 2021/2022 e 2022/2023, onde destacou as "horas de estudo e as renuncias a moitas cousas" dos 209 estudantes galardoados polos seus expedientes sobresaíntes.

"Parabéns por acadar este éxito enorme e por ter sido os mellores nun mundo competitivo", asegurou, ao mesmo tempo que quixo tamén felicitar ás familias e ás tres universidades públicas galegas.

No acto, Rueda comprometeu o apoio da Xunta para seguir fortalecendo un Sistema Universitario galego "excelente", axustando a oferta académica ás necesidades do tecido produtivo e do propio alumnado. Así, o ano que vén estrearanse 5 másteres novos -Biofabricación, Internet das Cousas e Ensino do Español como Lingua Estranxeira (de carácter interuniversitario entre as tres universidades públicas galegas); Biociencias Moleculares (USC): e Tecnoloxía Téxtil e Moda Sostible (UDC)-.

Ademais, o titular do Goberno galego lembrou que as taxas universitarias levan "conxeladas" 13 anos consecutivos e que, a partir do vindeiro curso, a primeira matrícula para os alumnos de grao e de ensinanzas artísticas superiores será gratis. Unha medida ratificada esta mesma semana no Consello da Xunta, que fará que a comunidade sexa a única na que os estudantes que aproben e vaian cumprindo os requisitos, poidan estudar unha carreira totalmente de balde.

O presidente enmarcou todas estas iniciativas no afán do Goberno galego por impulsar a igualdade de oportunidades e desexoulles moita sorte aos galardoados na nova etapa que hoxe comezan. "Hai talento, hai esforzo e hai futuro en Galicia grazas a vós", manifestou.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
291801 {"title":"Rueda destaca a excelencia e o talento do alumnado universitario galego como claves para o futuro da comunidade","published_date":"2024-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100524-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"291801"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-27/291801-rueda-destaca-excelencia-e-talento-do-alumnado-universitario-galego-como-claves-futuro-da-comunidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.