A Xunta promove as xornadas sobre as rutas xacobeas que organiza en Mondoñedo a Federación Galega de Asociacións do Camiño

Imagen del artículo A Xunta promove as xornadas sobre as rutas xacobeas que organiza en Mondoñedo a Federación Galega de Asociacións do Camiño

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O evento foi presentado hoxe na Delegación Territorial de Lugo e desenvolverase entre este xoves e o sábado

Lugo, 28 de maio de 2024

A Xunta de Galicia patrocina as xornadas que organiza en Mondoñedo a Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago desde este xoves ata o sábado, que versarán sobre distintos aspectos das rutas xacobeas.

O programa de "Os Camiños de Santiago en Galicia, o seu coñecemento e divulgación" foi presentado hoxe na Delegación Territorial de Lugo polo delegado, Javier Arias; o  presidente da entidade organizadora, José Luis Fernández Ansedes; Paloma Vázquez, xefa da Área Provincial de Turismo da Xunta, e Ángel Trabada, presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago lucense.

Arias destacou o importante papel que xogan as asociacións de amigos do Camiño "tanto na promoción das distintas rutas como na investigación e na posta en valor dos elementos culturais e históricos propios de cada unha".

Así, os asistentes a estas xornadas terán ocasión de participar o venres nun roteiro pola variante marítima do Camiño Norte con parada nalgúns dos principais bens patrimoniais e naturais da comarca, como a igrexa de San Salvador de Lourenzá, a praia das Catedrais, a Basílica de San Martiño ou a torre da fortaleza de Pardo de Cela en Alfoz. Tamén se sumará á proposta alumnado e profesorado do IES San Rosendo de Mondoñedo.

Previamente, o xoves pola tarde, proxectarase o documental "Elías Valiñas, o inventor das frechas amarelas", que dará paso a un coloquio. E o sábado a Federación convocante celebrará unha asemblea aberta e unha reunión con representantes doutros colectivos e institucións xacobeas, para rematar cunha comida de confraternidade na área recreativa da Fervenza, xogos populares, música e outras actividades.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
226629 {"title":"A Xunta promove as xornadas sobre as rutas xacobeas que organiza en Mondoñedo a Federación Galega de Asociacións do Camiño","published_date":"2024-05-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/280525+Xornadas+CamiNo+MondoNedo.jpeg","id":"226629"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-28/226629-xunta-promove-as-xornadas-as-rutas-xacobeas-organiza-mondonedo-federacion-galega-asociacions-do-camino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.