A Xunta suma máis atractivos á oferta turística de Compostela este verán coa nova mostra sobre a mezzosoprano Teresa Berganza

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A sede de Afundación acollerá ata o 17 de agosto esta exposición dos traxes máis emblemáticos e neste mes de xuño desenvolverase un programa de accións paralelas

Santiago de Compostela (A Coruña), 12 de xuño de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na rolda de prensa de presentación da mostra Teresa Berganza, o gardarroupa da música que se programa co apoio de Turismo de Galicia e estará  aberta durante todo o verán na sede de Afundación, en Santiago de Compostela. 

Durante a súa intervención, destacou que esta exposición completarase cunha programación específica desenvolvida ao seu redor que contribuirá a incrementar o atractivo e a proposta turística da capital de Galicia. Así, durante este mes de xuño, concretamente o día 20, a sala de conferencias de Afundación será escenario da mesa redonda que leva por título 'O legado artístico de Teresa Berganza' na que participarán Maximino Zumalave, Rosa Fernández e Roberto Relova. 

Ademais, o 25 deste mes terá lugar no Auditorio Abanca un recital da soprano Cecilia Lavilla Berganza e o pianista Miguel Ituarte, que interpretarán a integral de 'Cancións Xacobeas' de Antón García Abril.

Gardarroupa de concerto

A exposición permanecerá aberta ata o 17 de agosto e inclúe unha selección de 24 vestidos procedentes do gardarroupa de concerto de Teresa Berganza. Trátanse de creacións de Yves Saint Laurent, Elio Berhanyer, Christian Lacroix, Inés Higuera, Loris Azzaro, Enrique Caruncho, Guy Laroche e dúas pezas das óperas Las bodas de Fígaro de Mozart e Carmen de Bizet.

Os vestidos están acompañados por fotografías nas que Teresa Berganza luce cada modelo. Ademais, os visitantes poderán gozar dalgunhas das actuacións lendarias con repertorio en francés, galego e portugués.

Teresa Berganza está unida á cultura xacobea tal e como mostra o feito de que actuase en Galicia en varias ocasións e que en 1993, en pleno Ano Santo, estrease no Auditorio de Galicia 'Cancións Xacobeas', homenaxeando á lírica galega xunto ao compositor Antón García Abril.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
259623 {"title":"A Xunta suma máis atractivos á oferta turística de Compostela este verán coa nova mostra sobre a mezzosoprano Teresa Berganza","published_date":"2024-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278519\/20240612+TeresaBerganza.JPG","id":"259623"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-12/259623-xunta-suma-mais-atractivos-oferta-turistica-compostela-veran-coa-nova-mostra-mezzosoprano-teresa-berganza https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.