Belén do Campo reúnese co alcalde de Oza-Cesuras e destaca os investimentos por máis de 700.000€ realizados pola xunta neste concello no 2023

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada lembrou que a Xunta investirá 1,2M€ para construír un paso peonil baixo a vía do tren e eliminar un punto negro de tráfico no casco urbano

Oza-Cesuras (A Coruña), 28 de maio de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, realizou esta mañá unha visita institucional ao Concello de Oza-Cesuras para reunirse co seu alcalde, Pablo González, e repasar os proxectos que ten actualmente en marcha a Xunta neste municipio.

A representante do Goberno autonómico lembrou que no 2023 a Xunta investiu máis de 700.000 euros de euros en Oza-Cesuras a través de distintas liñas de axudas e realizou importantes obras como a substitución das fiestras do CEIP de Oza dos Ríos, a cubrición da pista de padel en O Loureiro ou a mellora da estrada de que vai desde Castro de Ares ata a estrada AC-230.

A delegada da Xunta tamén lembrou que este ano a Xunta realizará outro investimento importante  este municipio, como son os 1,2 millóns de euros para a construción dunha senda e pasarela baixo a vía do tren na estrada AC-840 para salvar un punto negro á altura do punto quilométrico 8, en pleno casco urbano. Unha obra moi demandada pola veciñanza e que suporá unha gran mellora na mobilidade e seguridade desta vía que nestes momentos está adxudicada e pendente da autorización do ADIF.

Ademais, a Xunta tamén concedeu dúas axudas por máis de 200.000 euros que lle permitirán ao concello, ao longo do 2024, mellorar o actual punto limpo municipal, localizado na parroquia de Salto, e adquirir un camión guindastre cunha caixa preparada para achegar a recollida de residuos especiais como aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), pilas e baterías ou lámpadas fluorescentes, aos diferentes puntos do concello.

Os dous representantes públicos coincidiron na necesidade de seguir reforzando os vínculos locais para contribuír ao desenvolvemento sustentable dos municipios galegos. A visita da delegada a Oza-Cesuras enmárcase no obxectivo de entender as necesidades locais mediante o contacto directo cos habitantes e gobernantes locais, buscando sempre manter un diálogo aberto e efectivo.

Do mesmo xeito, Belén do Campo e Pablo González analizaron as necesidades do concello e comprobaron o resultado de distintas actuacións enmarcadas no ámbito de colaboración da Xunta cos concellos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
226587 {"title":"Belén do Campo reúnese co alcalde de Oza-Cesuras e destaca os investimentos por máis de 700.000€ realizados pola xunta neste concello no 2023","published_date":"2024-05-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150704\/docampo1.jpg","id":"226587"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-28/226587-belen-do-campo-reunese-co-alcalde-oza-cesuras-e-destaca-os-investimentos-mais-700-000-realizados-pola-xunta-neste-concello-2023 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.