Rueda traslada ao Rei as prioridades desta nova lexislatura e reitera a lealdade de Galicia á orde constitucional

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Defende que o "Estilo Galicia" baseado na moderación, centralidade, sentidiño e estabilidade ten "perfecto acomodo" na España constitucional, ao tempo que reivindica a identidade como comunidade histórica 
  • Destaca e agradece o "coñecemento extenso" da Súa Maxestade sobre a realidade da comunidade

Madrid, 7 de maio de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe un encontro co Rei Felipe VI no que lle trasladou as prioridades de Galicia para esta nova lexislatura, na que Galicia seguirá a contar cun goberno estable, responsable e constitucionalista.

"Quíxenlle transmitir que ese Estilo Galicia de moderación, centralidade, de sentidiño, de estabilidade ten perfecto acomodo na España constitucional, reivindicando, por suposto, a nosa identidade como comunidade histórica, pero tamén dicindo que Galicia vai ser unha comunidade leal á Coroa e á orde constitucional", manifestou. "Dentro do marco da Constitución e formando parte de España, Galicia atopa a súa razón de ser", engadiu.

Neste sentido, lembrou que, como hai dous anos cando se reuniu por primeira vez como titular do Goberno galego coa Súa Maxestade, constatou "coñecemento extenso e preciso que ten a da realidade de Galicia, incluso de circunstancias moi concretas, así como o seguimento, interese e a preocupación, cousa que lle agradezo moitísimo", indicou.

Así, durante a audiencia, que se prolongou sobre unha hora e cuarto, Rueda salientou os obxectivos que centrarán o traballo da Xunta nos vindeiros catro anos, baseados na estabilidade e a xestión. "Transmitinlle cal é a nosa situación actual e cales son os nosos obxectivos de futuro desta lexislatura, os retos aos que se enfronta Galicia e o que queremos facer para conseguilos", explicou.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24134 {"title":"Rueda traslada ao Rei as prioridades desta nova lexislatura e reitera a lealdade de Galicia á orde constitucional","published_date":"2024-05-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887429\/240507_Pte_FelipeVI_Audiencia_CASAREAL_001.jpg","id":"24134"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-07/24134-rueda-traslada-ao-rei-as-prioridades-desta-nova-lexislatura-e-reitera-lealdade-galicia-orde-constitucional https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.