O Goberno galego dá luz verde á matrícula gratuíta para os estudantes de grao universitario e de ensinanzas artísticas superiores a partir do próximo curso

Imagen del artículo O Goberno galego dá luz verde á matrícula gratuíta para os estudantes de grao universitario e de ensinanzas artísticas superiores a partir do próximo curso

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Rueda resalta a prioridade do Executivo autonómico de "garantir a igualdade de oportunidades" e lembra que Galicia foi "pionera na conxelación de taxas universitarias hai 13 anos"
  • Galicia convértese na "única comunidade na que os alumnos que aproben poderán estudar unha carreira totalmente de balde se cumpren os requisitos"
  • Terán matrícula de balde todos os que inicien estudos en primeiro curso, así como os de segundo e posteriores cursos que superen unha porcentaxe de créditos entre o 65% e o 90%, segundo a área de coñecemento
  • A maiores, as taxas de máster continuarán conxeladas para o conxunto do alumnado, ao igual que as de grao para aqueles que non cumpran con requisitos da gratuidade

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou hoxe que o Consello de Goberno vén de dar luz verde á "gratuidade da matrícula para os estudos de grao universitario, así como para os de ensinanzas artísticas superiores (Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais) en centros públicos galegos", tanto no caso de novo ingreso como no de continuidade de estudos, unha medida que será aplicable para o próximo curso e coa que, ademais, se cumpre un "compromiso adquirido para os primeiros 100 días de goberno".

Así pois, as familias cuxos fillos e fillas inicien por primeira vez estudos de grao universitario ou de grao en ensinanzas artísticas superiores o próximo curso terán bonificado o prezo da matrícula, o que contribúe, tal e como indicou Rueda, "a garantir a igualdade de oportunidades", ao mesmo tempo que lembrou que Galicia foi "pioneira na conxelación de taxas universitarias hai 13 anos".

O Consello ratificou hoxe os dous decretos de prezos públicos a través dos cales se implanta esta acción que, na práctica, blinda que todos os universitarios e estudantes de ensinanzas artísticas superiores que aproben teñan asegurada a matrícula gratuíta ao longo de toda a súa carreira universitaria desde a primeira chamada para a matrícula de xullo en diante. Isto converte a Galicia na "única comunidade autónoma na que os alumnos que aproben poderán estudar unha carreira totalmente de balde se cumpren os requisitos".

Bonificación do 99%

No que atinxe aos estudos de grao, todo o alumnado de novo ingreso obterá unha bonificación equivalente ao 99% da matrícula para iniciar os seus estudos nas tres universidades públicas galegas ou nun centro público galego de ensinanzas artísticas superiores. Isto supón que os alumnos que cumpran os requisitos tan só aboarán o 1% do custo da matrícula, o que se traduce nunha cantidade simbólica de 7,1 euros ao ano de media como taxa. É dicir, 0,6€ de media ao mes.

Para iso, deberán cumprir co requisito de ter superado a ABAU nas convocatorias de 2024 ou ben as probas específicas para maiores de entre 25 e 45 anos organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), ou ter superado un ciclo formativo de grao superior no curso 2024.

No caso do alumnado de continuidade de 2º curso en diante, deberá ter cursado estudos de grao en Galicia no curso 2023/24 e matricularse no curso 2024/25 na totalidade dos créditos correspondentes ás materias previstas para o curso de que se trate, nunha das tres universidades públicas galegas.

A maiores, deberá ter superado as porcentaxes de créditos matriculados, algo que varía segundo a área de coñecemento: 90% dos créditos para as áreas de Artes e Humanidades e de Ciencias Sociais e Xurídicas, 80% para Ciencias da Saúde e 65% para as de Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura.

Continuidade na conxelación das taxas

Doutra banda, para aqueles alumnos universitarios que non cumpran cos requisitos de gratuidade, o decreto aprobado hoxe tamén ratifica de novo a conxelación das taxas de grao e máster para o vindeiro curso, co que Galicia levará 14 anos consecutivos coas taxas universitarias conxeladas. Así pois, todos os alumnos que cursen un máster universitario e aqueles que cursen un grao e queden excluídos da gratuidade por non cumpriren os requisitos aboarán un prezo medio de 11,89 €/crédito,

Deste xeito, Galicia continuará a ter a universidade máis accesible de toda España, coa matrícula de grao gratuíta e os másteres máis baratos do Estado. "O que queremos é premiar e estimular o esforzo do alumnado", asegurou Rueda.

Ensinanzas artísticas superiores

Así mesmo, o alumnado de ensinanzas artísticas superiores tamén se beneficia da gratuidade da matrícula destes estudos que, no caso dos de novo ingreso, deberán ter superado as probas específicas de acceso en Galicia. Quedan exentos deste requisito os que acceden directamente aos estudos superiores de Grao en Deseño ou en Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar a proba específica de acceso ao ter acadado un título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.

Para o alumnado de continuidade (de 2º a 4º curso), para optar á bonificación do 99%, requírese estar matriculado en curso completo nun centro público de Galicia no curso anterior e ter superado en primeira matrícula como mínimo o 90% da totalidade deses créditos.

Estas medidas aprobadas hoxe supoñen redobrar a aposta da Xunta de Galicia polo apoio ás familias coa gratuidade da educación para o alumnado desde que entra na gardaría, na etapa 0-3 anos, ata que remata os seus estudos universitarios, ao tempo que se fomenta a cultura do esforzo, premiando o interese, a dedicación e o bo aproveitamento académico.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
284855 {"title":"O Goberno galego dá luz verde á matrícula gratuíta para os estudantes de grao universitario e de ensinanzas artísticas superiores a partir do próximo curso","published_date":"2024-06-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150822\/191031+estudiantes+campus+02a.jpg","id":"284855"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-24/284855-goberno-galego-da-luz-verde-matricula-gratuita-os-estudantes-grao-universitario-e-ensinanzas-artisticas-superiores-partir-do-proximo-curso https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.