A Xunta renova a colaboración co KiteFest Cesantes para consolidar o "espectáculo de referencia nacional" na Ría de Vigo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, participou na presentación do acordo para unha nova edición da proba na enseada de San Simón

Vigo, 14 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este venres xunto aos directivos do TMKite Club, Ricardo González e Justo Fernández Buena Voena, na presentación do acordo de colaboración para unha nova edición do VII KiteFest de Cesantes que terá lugar do 5 ao 7 de xullo.

"Para a Xunta é unha honra dar o seu apoio os organizadores dunha proba que xa se consolidou no panorama nacional do kitesurf", sinalou a representante autonómica. Ortiz apuntou que o Goberno galego "estará sempre xunto a todos aqueles que fomentan o deporte, porque a través das actividades deportivas podemos transmitir aos máis novos os valores da solidariedade, o respecto e o esforzo".

Igualmente, destacou que o KiteFest Cesantes converteuse no evento máis multitudinario desta modalidade na zona norte da península, polo que o obxectivo da organización para o 2024 será seguir crecendo e situar Cesantes e a ría de Vigo como "referente tamén internacional" deste deporte.

Pola súa banda, Ricardo González, presidente do club redondelano, quixo agradecer "un ano máis o apoio da Xunta de Galicia. Sen a axuda das institucións sería imposible levar a cabo este evento, que é único en España e que na súa sétima edición volverá ser puntuable para o circuíto galego da Real Federación Galega de Vela, contando coas modalidades de twintip, surf kite, foil e wingfoil".

"O ritmo de inscricións polo momento é moi bo. Haberá participantes de toda España e contaremos unha vez máis con riders profesionais de fóra de Galicia, o que confirma o gran estado de forma no que se atopa o evento tras sete edicións", engadiu.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265118 {"title":"A Xunta renova a colaboración co KiteFest Cesantes para consolidar o \"espectáculo de referencia nacional\" na Ría de Vigo","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278525\/20240614+VII+KiteFest+Cesantes+%281%29.jpg","id":"265118"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265118-xunta-renova-colaboracion-co-kitefest-cesantes-consolidar-espectaculo-referencia-nacional-na-ria-vigo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.