Os trens turísticos da Xunta reanúdanse hoxe coa primeira saída da ruta dos faros co 100% de ocupación

Imagen del artículo Os trens turísticos da Xunta reanúdanse hoxe coa primeira saída da ruta dos faros co 100% de ocupación

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Este itinerario tamén terá saídas nos meses de xullo, agosto e setembro, para os que aínda quedan billetes dispoñibles para varias datas
  • Durante este mes de xuño tamén circularán a Ruta MEGA e A Coruña de 1906, a dos Mosteiros, a das Rías Baixas e a das Mariñas

Santiago de Compostela (A Coruña), 1 de xuño de 2024

A campaña dos trens turísticos da Xunta retoma hoxe sábado a súa andaina da man do tren da Ruta dos Faros, que na súa primeira saída alcanzou practicamente o 100% de ocupación. Trátase dunha viaxe que comezará e culminará na Estación de tren de Ferrol tras visitar Cabo Ortegal, o mirador de Vixía Herbeira, o Santuario de Santo André de Teixido e o Cabo Estaca de Bares. Os participantes tamén poderán coñecer Viveiro e os acantilados de Loiba. Este itinerario da Ruta dos Faros terá novas saídas o 6 e 20 de xullo, o 3 e 31 de agosto e o 7 de setembro, para as que aínda quedan billetes dispoñibles. 

Durante o mes de xuño tamén se realizarán as primeiras saídas da ruta MEGA e A Coruña 1906 (o sábado 8 de xuño), no que se poderán visitar a cidade herculina, o MEGA e o Concello de Abegondo; a Ruta dos Mosteiros será a proposta que chegará o terceiro sábado de xuño, o sábado 15, coa que se convidará os participantes a coñecer o chamado 'Versalles galego', o Pazo de Oca, para logo visitar o Mosteiro do Carboeiro, o templo de Vera Cruz, no Carballiño, e o Mosteiro de Oseira.

O sábado 22 de xuño sairá a Ruta das Rías Baixas, cunha proposta de visitas á adega do Pazo Baión, ao conxunto monumental de Fefiñáns e, tras un percorrido pola ría de Vigo, á illa de San Simón. As saídas para os trens turísticos do mes de xuño complétanse coa que haberá o sábado 29 co percorrido polas Mariñas que partirá de A Coruña e chegará a Ferrol tras percorrer as Mariñas e Terras de Mandeo, visitando Betanzos, Paderne, e Pontedeume. De volta en Ferrol, realizarase un paseo pola ría e outro polo barrio da Magdalena.

Cada ruta do dos Trens Turísticos de Galicia ten unha duración dun día e ademais do percorrido en tren, a iniciativa inclúe un servizo de guías oficiais de Galicia durante a viaxe, xunto con traslados complementarios en autobús e entradas aos puntos de interese. A programación completa dos Trens Turísticos de Galicia xunto con toda a información para a reserva e a compra de billetes pódese consultar na web de Turismo de Galicia, aínda que os billetes tamén se poden mercar en calquera estación de Renfe.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
235802 {"title":"Os trens turísticos da Xunta reanúdanse hoxe coa primeira saída da ruta dos faros co 100% de ocupación","published_date":"2024-06-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150713\/20240519+NPTrensTuristicosGalicia.jpg","id":"235802"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-01/235802-os-trens-turisticos-da-xunta-reanudanse-hoxe-coa-primeira-saida-da-ruta-dos-faros-co-100-ocupacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.