A Xunta colabora na difusión do patrimonio natural de Vigo a través da obra "Álbum Histórico das Illas Cíes"

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial, Ana Ortiz, participou na presentación do libro de Santiago Boado na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Vigo, 27 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este luns na presentación da obra "Álbum Histórico das Illas Cíes", de Santiago Boado, que contou co apoio do Goberno galego a través de fondos europeos. A representante autonómica destacou o traballo do autor e a colaboración institucional para difundir o patrimonio natural e cultural vigués.

"Esta obra vén precisamente a colaborar na difusión da importancia que ten este arquipélago que protexe a nosa ría e a nosa cidade, un lugar marabilloso cunha historia impresionante", sinalou durante a presentación celebrada na sede do Parque Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

O escritor Santiago Boado destacou que a obra é un paseo visual polo devir dos tempos nesta xeografía privilexiada. Trátase dun percorrido de imaxes que comeza na Prehistoria ata desembocar no ano 2002, cando as Cíes se integran no Parque Nacional. Así, cos seus textos e a valiosa documentación histórica que acompaña contextualiza o que se coñece sobre os asentamentos humanos establecidos.

Pola súa banda, o director do parque, José Antonio Fernández Bouzas, apuntou que a obra foi realizada tras máis dunha década de traballo de investigación. Durante o acto, o autor amosou unha selección de mapas, debuxos e fotografías, algunhas delas inéditas sobre a historia das Illas Cíes.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
224417 {"title":"A Xunta colabora na difusión do patrimonio natural de Vigo a través da obra \"Álbum Histórico das Illas Cíes\"","published_date":"2024-05-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/20240527+album+Illas+Cies+%281%29.jpg","id":"224417"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-27/224417-xunta-colabora-na-difusion-do-patrimonio-natural-vigo-traves-da-obra-album-historico-das-illas-cies https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.