O Director da Casa de Galicia en Madrid apoia aos galegos residentes en Alcobendas a manter vivas as tradicións galegas nas festas de San Isidro

Imagen del artículo O Director da Casa de Galicia en Madrid apoia aos galegos residentes en Alcobendas a manter vivas as tradicións galegas nas festas de San Isidro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Madrid, 16 de maio de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na recepción ofrecida pola asociación galega, Xuntanza de Alcobendas, aproveitando a festividade  de San Isidro, e que reúne a miles de persoas nesta localidade madrileña.

Esta asociación galega aproveita a ocasión para difundir a gastronomía galega e o seu folclore. De feito, o grupo de gaitas e pandeiretas foi convidado a actuar nestas tradicionais festas para deleite do público que abarrotaba as carpas. 

A esta recepción asistiu tamén a alcaldesa de Alcobendas, Rocío García Alcántara e o alcalde da localidade de Tres Cantos, Jesús Moreno García.  

Estas son unhas festas moi arraigadas en Alcobendas, xa que San Isidro é, xunto coa Virxe da Paz, patrón da localidade. San Isidro é unha figura que conta cun gran número de devotos no municipio debido á herdanza agricultora e gandeira de Alcobendas, actividades que constituíron a principal forma de vida dos seus habitantes até os anos cincuenta do século XX. Como parte da homenaxe que se lle rende no seu día, organízase unha misa na ermida dedicada ao santo, a cal precede a unha procesión e a unha posterior romaría.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24413 {"title":"O Director da Casa de Galicia en Madrid apoia aos galegos residentes en Alcobendas a manter vivas as tradicións galegas nas festas de San Isidro","published_date":"2024-05-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053343\/San+Isidro.jpg","id":"24413"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-16/24413-director-da-casa-galicia-madrid-apoia-aos-galegos-residentes-alcobendas-manter-vivas-as-tradicions-galegas-nas-festas-san-isidro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.