Rueda subliña o compromiso cunha Galicia plenamente integrada nunha España constitucional e nunha Europa forte e unida

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Fai fincapé nunha xestión rigorosa que permite manter uns servizos públicos de calidade
  • Aposta pola creación de riqueza e emprego, estimulando o esforzo que realiza o tecido empresarial

Madrid, 18 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou hoxe o compromiso cunha Galicia plenamente integrada nunha España constitucional e nunha Europa forte e unida. Así o sinalou durante a súa intervención no Foro ABC celebrado en Madrid, onde avogou por fuxir da polarización como contraposición ao estilo Galicia, ao que identificou "co consenso e o sentido común".

O responsable do Goberno galego remarcou que unha xestión rigorosa permite manter uns servizos públicos de calidade. "Analizamos os problemas e buscámoslle solución desde a lealdade institucional", apuntou Rueda, quen recalcou a importancia de contar cun presuposto como unha ferramenta imprescindible para poder planificar.

Galicia cumpre

Durante a súa intervención, o presidente do Goberno galego, que puxo en valor que as eleccións autonómicas serviron para blindar a estabilidade e non interromperon en ningún momento a acción de goberno, resaltou diferentes exemplos de compromisos adquiridos para os cen primeiros días de goberno que xa están en marcha. Así, entre outros, referiuse á primeira matrícula universitaria gratuíta para todos os graos ou o incremento do parque público residencial (co obxectivo de alcanzar as 8.000 vivendas neste mandato), ademais da ampliación das exencións no imposto de sucesións.

Neste eido, sinalou que "baixar impostos desde o principio é posible e responsable", incidindo en que facelo con intelixencia "fai que se mova a economía". O presidente autonómico defendeu unha "política de crear riqueza e emprego", apuntando, en relación ao tecido empresarial, que cómpre "estimular o esforzo, non desincentivalo".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274498 {"title":"Rueda subliña o compromiso cunha Galicia plenamente integrada nunha España constitucional e nunha Europa forte e unida","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150804\/240618_Pte_ForoABC_-1.JPG","id":"274498"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274498-rueda-sublina-compromiso-cunha-galicia-plenamente-integrada-nunha-espana-constitucional-e-nunha-europa-forte-e-unida https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.