O programa de financiamento comunitario "TecEuropa" abre a inscrición para a súa vixésima edición

  • O curso, en formato virtual, volverá contar con expertos no financiamento comunitario que a través de contidos teóricos e prácticos achegarán as opcións de fondos europeos dispoñibles para as entidades públicas e privadas
  • 'Teceuropa' é unha grande oportunidade tanto para achegarse por primeira vez ao financiamento comunitario europeo, como para afondar no seu coñecemento

Bruxelas, 2 de maio de 2024

A Fundación Galicia Europa vén de abrir a inscrición para a vixésima edición do seu curso de especialización en financiamento europeo para entidades galegas TecEuropa. O programa celebrarase, en formato virtual, do 28 de maio ao 6 de xuño.

TecEuropa é o curso de referencia en financiamento comunitario en Galicia para entidades galegas, tanto públicas como privadas, que buscan especializarse na materia. Está dirixido tanto ás persoas que se achegan por primeira vez ao financiamento comunitario, como a aquelas que queren profundar en programas específicos de financiamento.

Organizado pola Fundación Galicia Europa dende 2015, máis de 800 persoas participaron en total nas 19 edicións que se levan celebrado ata o momento.

Sesións teóricas e prácticas

Ao longo de catro sesións, os asistentes abordarán, da man de especialistas e representantes comunitarios, todos os aspectos relativos á política rexional e a posta en marcha das transicións verde e dixital. Poderán, ademais, identificar as diferentes oportunidades de financiamento que ofrece o actual marco financeiro europeo, a través de programas como Horizonte Europa ou Life.

Malia mudar a un formato virtual dende o ano 2020, TecEuropa mantén o contido teórico e práctico característico dende a súa orixe. Así, nas dúas primeiras xornadas (martes 28 e xoves 30), o contido do curso xirará entorno á actualidade e os desafíos da Unión Europea da man de persoal funcionario español da Comisión Europea. Na semana seguinte, os días 4 e 6 de xuño, o contido será máis práctico centrado nos diferentes programas de financiamento comunitario. Posteriormente, faranse obradoiros sobre algunhas convocatorias con exemplos prácticos de propostas.

Na web da Fundación Galicia Europa está dispoñible toda a información do programa e a ligazón para a inscrición.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24015 {"title":"O programa de financiamento comunitario \"TecEuropa\" abre a inscrición para a súa vixésima edición","published_date":"2024-05-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24015"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/24015-programa-financiamento-comunitario-teceuropa-abre-inscricion-sua-vixesima-edicion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.