Ana Ortiz dá a benvida a 30 sumilleres nacionais que se converterán en "difusores do noso patrimonio gastronómico" a través do congreso 'Destino Galicia'

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territoria l da Xunta entregou os diplomas acreditativos aos participantes no evento organizado pola Asociación de Catadoras de Galicia

Vigo, 3 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, deu a benvida este luns aos participantes no evento Destino Galicia que reúne durante dous días a 30 sumilleres de todo o territorio nacional. A representante autonómica recibiu ao grupo de profesionais da enoloxía e restauración que visitan Galicia no evento organizado pola Asociación de Catadoras de Galicia.

"Sodes os mellores difusores do noso patrimonio gastronómico e grazas a vós a calidade dos nosos produtos traspasan todas as fronteiras", sinalou durante a recepción celebrada na Delegación Territorial, na que tamén estivo presente o presidente da Asociación de Sumilleres de Galicia, Juanjo Figueroa Treus.

O congreso Destino Galicia consiste na visita de 30 catadores do territorio nacional mesturando catadores en último ano de estudo e catadores en activo para poder facer un percorrido polos produtos de Galicia para convertelos en embaixadores da nosa gastronomía e a nosa marca.

Os participantes realizan a visita a dúas das zonas máis importantes do viño de Galicia, e fan algunha demostración de gastronomía. Tamén reciben unha clase maxistral acerca das calidades das dez zonas de viño de Galicia e as súas características.

A Asociación de Catadoras de Galicia (Agasu) é a encargada de realizar este evento. En colaboración coa Xunta de Galicia a directiva da asociación convértense en anfitrións e docentes dos catadores para facer un labor de divulgación e conseguir que estes leven ao seu destino a riqueza da nosa terra e teña importancia nos seus negocios.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
239456 {"title":"Ana Ortiz dá a benvida a 30 sumilleres nacionais que se converterán en \"difusores do noso patrimonio gastronómico\" a través do congreso 'Destino Galicia'","published_date":"2024-06-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150743\/20240603+Destino+Galicia_01.jpg","id":"239456"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-03/239456-ana-ortiz-da-benvida-30-sumilleres-nacionais-se-converteran-difusores-do-noso-patrimonio-gastronomico-traves-do-congreso-destino-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.