Belén do Campo reúnese con Fernando Pérez e destaca os investimentos por máis de 1 M€ realizados pola Xunta neste concello no 2023

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada lembrou que a Xunta  investirá, este ano, 169.000 euros, para calmar o tráfico e humanizar a travesía da AC-194

Vilasantar (A Coruña), 8 de maio de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, realizou, esta mañá, unha visita institucional ao Concello de Vilasantar para reunirse co alcalde Fernando Pérez. No encontro repasaron os proxectos que ten actualmente en marcha a Xunta neste municipio.

A representante do Goberno autonómico lembrou que, no 2023, a Xunta investiu neste Concello en servizos e obras máis dun millón de euros para actuacións como a reforma da piscina municipal, a adquisición de luminarias públicas e contedores ou a construción de pontes, a sinalización da ruta dos muíños do Río Gándaras ou a rehabilitación e ampliación do río Cabalar.

Ademais, a delegada lembrou que o Goberno galego levará a cabo unha actuación conxunta para calmar o tráfico e humanizar a travesía da AC-194 cun orzamento de preto de 169.000 euros que está en fase de licitación. Esta cooperación permitirá realizar as actuacións de humanización desta travesía urbana na contorna da Casa do Concello, no núcleo principal do municipio, nas Raposeiras, mellorando o estado do firme nese punto.

Os dous representantes públicos coincidiron na necesidade de seguir reforzando os vínculos para contribuír ao desenvolvemento sustentable das comunidades galegas. A súa presenza en Vilasantar subliña a relevancia de entender as necesidades locais directamente dos habitantes e gobernantes, buscando sempre manter un diálogo aberto e efectivo.

Do mesmo xeito, Belén do Campo e Fernando Pérez analizaron as necesidades do concello e comprobaron o resultado de distintas actuacións enmarcadas no ámbito de colaboración da Xunta cos concellos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24155 {"title":"Belén do Campo reúnese con Fernando Pérez e destaca os investimentos por máis de 1 M€ realizados pola Xunta neste concello no 2023","published_date":"2024-05-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887432\/Foto+1.jpg","id":"24155"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-08/24155-belen-do-campo-reunese-fernando-perez-e-destaca-os-investimentos-mais-1-m-realizados-pola-xunta-neste-concello-2023 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.