Rueda destaca que a Xunta xa adxudicou 985 M€ dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia

Imagen del artículo Rueda destaca que a Xunta xa adxudicou 985 M€ dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Consello do Goberno galego valorou hoxe o informe de execución do mecanismo a finais do primeiro trimestre de 2024
  • Preto de 41.000 persoas e case 5.000 entidades beneficiáronse destes fondos
  • Volve reclamar que "se cambie unha vez máis o sistema tan centralizado no reparto" dos fondos

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que o Goberno galego xa adxudicou 985M€ de fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) desde a posta en marcha do plan de recuperación. Así, o Executivo autonómico autorizou a publicación de convocatorias por importe de 1.097M€ e adxudicou o 90%, o que supón "un grado de execución moi razoable", tal e como sinalou o titular da Administración.

Segundo o informe analizado hoxe na reunión do Consello, na actualidade, a suma dos recursos do MRR asignados polo Goberno central á Administración galega ascenden a 1.545 M€, o 5,8 % do distribuído entre as comunidades autónomas, o que supón menos recursos dos que corresponderían á comunidade por PIB per cápita. Desa cantidade, "foron transferidos á Xunta 1.430 M€, polo que faltaría por chegar o 8%", indicou. Hai que lembrar que estes fondos pódense executar ata o ano 2026.

Ademais, unhas 48.000 persoas e case 5.000 entidades e sociedades, beneficiáronse dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia executados polo Goberno galego ata finais do primeiro trimestre de 2024.

As actuacións concéntranse nas compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia relacionadas coa mobilidade sustentable, as enerxías renovables, as políticas públicas para o mercado de traballo, a renovación e ampliación do Sistema Nacional de Saúde, a implantación da Axenda Urbana, a dixitalización, a modernización do sistema educativo, a economía dos coidados e a inclusión social.

"Somos moi reivindicativos para pedir axilizar os fondos retidos do Goberno Central e para poder facer esta esixencia temos que ser meticulosos e áxiles", asegurou.

Neste sentido, con respecto á dotación dos PERTES, cos que se financian os proxectos transformadores público-privados, dos máis de 41.000 M€ anunciados e de xestión exclusiva do Goberno central, tan só se publicaron 21.224 M€, é dicir, o 52%. Destes, ademais, só se adxudicaron 13.421 M€, que representan o 33% dos fondos destinados a proxectos estratéxicos. Deste importe, o 4,6% corresponde a proxectos en territorio galego, 615,5 M€.

"Evidentemente, hai unha diferenza entre a adxudicación que fai a Xunta e o Goberno central e por iso volvemos reclamar que se cambie unha vez máis o sistema tan centralizado no reparto deses fondos", apuntou Rueda.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24099 {"title":"Rueda destaca que a Xunta xa adxudicou 985 M€ dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia","published_date":"2024-05-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887426\/PEQUENA+EMPRESA.jpg","id":"24099"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-06/24099-rueda-destaca-xunta-xa-adxudicou-985-m-dos-fondos-do-mecanismo-recuperacion-e-resiliencia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.