Rueda destaca a ampliación de espazos e recursos das Unidades de Reprodución Asistida do Sergas como un dos compromisos da Xunta co fomento da natalidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Lembra que a Xunta permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa
  • O Goberno galego ampliará ata os 45 anos a idade máxima para poder someterse a un tratamento de reprodución asistida e eliminará o límite dun único fillo para poder acceder a estas terapias

A Coruña, 30 de abril de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a aposta que está a realizar o Goberno galego polo fomento da natalidade ao investir 1,3 millóns de euros na mellora e ampliación de espazos e recursos nas tres Unidades de Reprodución Asistida do Sergas. Un investimento "necesario para que estas unidades sigan traballando coa óptima tecnoloxía e que poidan seguir mellorando o seu traballo e os seus éxitos", apuntou.

Así se referiu durante a visita á unidade da Coruña, situada no Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera, que xunto coa de Santiago e a de Vigo conforman espazos de referencia para os demais hospitais. "É bo que se saiba que dentro da excelente carteira de servizos que ten a sanidade pública en Galicia temos servizos de primeirísimo nivel como este que hoxe visitamos", indicou, ao mesmo tempo que fixo referencia a que o primeiro bebé nacido mediante fecundación in vitro no Sergas foi no complexo coruñés hai 34 anos. 

Neste sentido, o presidente do Goberno galego indicou que, dos máis de 1,3 M€, xa foi licitado o primeiro dos expedientes -por un importe de máis de 755.600 euros- para a adquisición de tanques de crioconservación para a conxelación de oocitos. Unha ferramenta que, tal e como apuntou, suporá unha novidade importante xa que ata o de agora as pacientes tiñan que ser derivadas a centros privados con cargo ao Sergas.

Así mesmo, tamén se adquirirán, entre outras, tres incubadoras time-lapse, que contan cunha cámara para evitar extraer os embrións para ser analizados, co conseguinte estrés que sofren, polo tanto, o proceso aumenta as súas probabilidades de éxito.

Rueda lembrou que a Xunta permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa. Ata o de agora, só están en carteira as mulleres que se van someter a un tratamento oncolóxico, pero o compromiso do Goberno galego é ampliar este servizo a mulleres con capacidade de xestación con patoloxías como a endometriose ou outras cirurxías con risco acreditado de perda de fertilidade, así como a mulleres de 30 a 35 anos sen problemas de fertilidade e que desexen atrasar o momento da súa maternidade.

Ademais, tal e como apuntou, o Goberno galego vai ampliar ata os 45 anos a idade máxima para poder someterse a un tratamento de reprodución asistida e eliminará o  límite dun único fillo para poder acceder a estas terapias.

"Queremos amplialo, queremos dar a posibilidade a que máis mulleres e máis parellas poidan ter fillos e fillas que así o desexan ou cando non poden, que poidan ter máis tempo para intentalo e máis posibilidades", asegurou.

Espazos máis completos

A este respecto, o seguinte paso a dar nas tres unidades de reprodución do Sergas será a licitación por valor de 559.000 euros para a renovación de seis ecógrafos que contribúen a mellorar o prognóstico e o seguimento de estudos ecográficos. 

O obxectivo do Sergas é aumentar a capacidade destes servizos, que en 2023 realizaron 599 criotransferencias (implantacións de óvulos previamente conxelados), 984 puncións para fecundacións in vitro e 1.318 inseminacións artificiais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23957 galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-30/23957-rueda-destaca-ampliacion-espazos-e-recursos-das-unidades-reproducion-asistida-do-sergas-como-dos-compromisos-da-xunta-co-fomento-da-natalidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.