A Xunta apoia un Campus Internacional de Ximnasia Rítmica que acollerá Monforte de Lemos a próxima semana

Imagen del artículo A Xunta apoia un Campus Internacional de Ximnasia Rítmica que acollerá Monforte de Lemos a próxima semana

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da iniciativa, dirixida a nenas e nenos en idade escolar a partir de 6 anos

Lugo, 21 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia apoia o Campus Ucraniano Internacional de Ximnasia Rítmica que se desenvolverá en Monforte de Lemos a próxima semana, do luns 24 ao venres 28 de xuño.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da iniciativa, organizada polo club Quicela de Monforte. As actividades van dirixidas a nenas e nenos en idade escolar a partir dos 6 anos e desenvolveranse no pavillón municipal da Pinguela.

O equipo técnico conta con tres adestradoras internacionais dirixidas por Hanna Rizadtinova, medallista olímpica e impulsora da segunda escola de ximnasia rítmica máis importante de Ucraína. Tamén estará a campioa de Europa Valeriya Yuzviak e a preparadora física especializada en ximnasia rítmica Magda Cumbres. Haberá ademais outros técnicos e monitores de ocio e tempo libre titulados.

O obxectivo do campus é fomentar entre os máis pequenos uns hábitos de ocio vinculados á actividade física, ao tempo que se promove a práctica da ximnasia rítmica. Tamén pretende ofrecer un servizo de conciliación ás familias e favorecer os lazos entre persoas de distintos países, xa que está prevista a presenza de ximnastas de diferente procedencia.                                                                

Arias destacou que a Xunta colabora con clubs e entidades da provincia na posta en marcha de actividades deportivas e de ocio durante a tempada estival. Ao mesmo tempo, a Administración autonómica organiza cada ano os campamentos de verán que nesta edición ofrecen máis de 11.500 prazas en instalacións de toda Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
280171 {"title":"A Xunta apoia un Campus Internacional de Ximnasia Rítmica que acollerá Monforte de Lemos a próxima semana","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/210624+Campus+ximnasia+Monforte.jpeg","id":"280171"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/280171-xunta-apoia-campus-internacional-ximnasia-ritmica-acollera-monforte-lemos-proxima-semana https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.