Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa vertebración interior de Galicia co avance na tramitación da nova autovía Lugo-Sarria

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O segundo e último treito que se ampliará do corredor Nadela-Sarria, de 13,5 km, beneficiará a preto de 100.000 usuarios, sen ter en conta aos transportistas
  • Salienta que permitirá conectar "o sur da provincia de Lugo coa capital e con outras vías de alta capacidade" 
  • A día de hoxe máis do 80% da poboación de Galicia atópase a menos de 15 minutos dunha vía de altas prestacións

O Páramo (Lugo), 5 de xuño 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou hoxe o compromiso do Goberno galego coa vertebración interior de Galicia e coa mellora das infraestruturas e da mobilidade na comunidade. Así o manifestou coincidindo co inicio do trámite de información pública e avaliación ambiental do segundo e último tramo da nova autovía AG-22 (Nadela-Sarria), o comprendido entre A Pobra de San Xiao e Nadela, o cal suporá un investimento de 35 M€. 

O mandatario galego visitou hoxe a contorna dos 13,5 quilómetros que unirán ambos lugares, acompañado da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. Na súa intervención, o presidente da Xunta resaltou as vantaxes que suporá este treito grazas ao desdobramento do corredor Nadela-Sarria ao seu paso polos concellos de Lugo, O Corgo e O Páramo. "O sur da provincia de Lugo vai quedar conectado coa súa capital e a partir de aí con outras vías de alta capacidade", resaltou.

Este novo paso para converter esta estrada nunha vía de alta capacidade permitirá acurtar o tempo de viaxe e adiantar sen risco, debido a que contará con dúas calzadas con dous carrís cada unha. Neste sentido, espérase que arredor de 100.000 usuarios se beneficien deste viario que estará limitado a 120 km/h, ademais dos transportistas que a utilicen para as súas viaxes de traballo.

Unha vez se complete a totalidade do itinerario os tráficos entre Ourense e Lugo, así como os das comarcas de Valdeorras e Ribeira Sacra coa capital de provincia reducirán os seus tempos e mellorarán a seguridade viaria, ao mesmo tempo que tamén se permitirán intercambios en tempos reducidos entre os Camiños Primitivo, Francés e de Inverno.

Tal e como explicou o presidente, a previsión é "rematar o 2025 coas obras licitadas e se é posible" tamén adxudicadas para poder comezalas en 2026.

Galicia cumpre

O avance na conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria forma parte do compromiso adquirido coa veciñanza da comarca e tamén dos establecidos para os 100 primeiros días de goberno da Xunta. Con este novo paso dáse continuidade ao primeiro treito comprendido Nadela e Sarria Centro que leva operativo dende finais de novembro do 2022 e que supuxo "unha mellora" na mobilidade da zona. 

A aposta do Goberno galego polas infraestruturas viarias é firme; de feito, nos últimos anos incrementouse en máis dun 70% a extensión da rede de vías de alta capacidade de titularidade autonómica, coa posta en marcha de 50 novos quilómetros sen peaxe só na provincia de Lugo. Así, a día de hoxe máis do 80% da poboación galega atópase a menos de 15 minutos dunha vía de altas prestacións.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
243507 {"title":"Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa vertebración interior de Galicia co avance na tramitación da nova autovía Lugo-Sarria","published_date":"2024-06-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150773\/240605_Pte_Infr_SarriaNadela_DCS-1.jpg","id":"243507"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-05/243507-rueda-reafirma-compromiso-da-xunta-coa-vertebracion-interior-galicia-co-avance-na-tramitacion-da-nova-autovia-lugo-sarria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.