Rueda destaca a aposta da Xunta por mellorar as infraestruturas para reforzar os servizos a veciños e turistas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  •  Salienta as actuacións realizadas en Sanxenxo, "un dos concellos turísticos máis importantes de toda España"
  • Asegura que estas obras de humanización permiten "ordenar o tráfico, fomentar hábitos saudables e facer o percorrido máis agradable"

Portonovo (Pontevedra), 2 de xullo de 2024

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, salientou hoxe o compromiso da Xunta con renovar e ampliar as infraestruturas da comunidade para mellorar os servizos a disposición de veciños e turistas. 

Durante unha visita as obras de humanización da estrada PO-308 á altura de Portonovo, acompañado da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou que Sanxenxo é "un dos concellos máis importantes de España" a nivel turístico e a importancia destas actuacións que contribúen a mellorar "a travesía entre O Grove e Pontevedra" con melloras que "fomentan os hábitos saudables, permiten ordenar o tráfico" e fan este percorrido "mais agradable".

A intervención na PO-308 en Portonovo levouse a cabo nun tramo de preto dun quilómetro entre o mercado e o cruce da Perla e investíronse 2,3M€, dos que o 70% foi asumido pola Xunta e o 30% polo Concello de Sanxenxo. Delimitáronse os espazos mediante pavimentación da zona de peóns, zona de tráfico e zona de aparcamento.

Renováronse e ampliáronse as beirarrúas para dotalas de maior accesibilidade e para reforzar a seguridade viaria, calmando o tráfico, e habilitáronse tres novas glorietas. Ademais, a actuación incluíu os traballos de renovación de redes de abastecemento, saneamento e pluviais e alumeado público, a canalización subterránea para telefonía e electricidade que substituíu os tendidos aéreos e dispúxose unha nova sinalización horizontal e vertical. 

A PO-308 vén sendo obxecto de importantes investimentos da Xunta dentro do seu obxectivo de manter a rede viaria autonómica nas mellores condicións, entre eles os itinerarios peonís e ciclistas de Portonovo á Lanzada, cun investimento de máis de 7M€ ou o de Covelo a Raxó, por 2M, que puxeron á disposición da cidadania 14,8km de sendas.

Galicia, destino turístico

Durante a súa intervención, Rueda salientou as boas previsións do turismo na comunidade para este verán e apostou por seguir "coidando aquelo pola que a xente nos visita" e por fomentar a chegada de novos visitantes "con sentidiño" e promover a desestacionalización do turismo. 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
300092 {"title":"Rueda destaca a aposta da Xunta por mellorar as infraestruturas para reforzar os servizos a veciños e turistas","published_date":"2024-07-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/101245-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"300092"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-02/300092-rueda-destaca-aposta-da-xunta-mellorar-as-infraestruturas-reforzar-os-servizos-vecinos-e-turistas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.