Rueda destaca a aposta da Xunta por consolidar Galicia coma un referente na prevención e abordaxe do cancro
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Salienta medidas coma a ampliación dos cribados, a compra de fármacos innovadores ou a posta en marcha do Centro de fabricación de medicamentos CAR-T en Santiago
- Galicia foi a primeira comunidade en iniciar as obras dun centro de protonterapia público que permitirá tratar aos pacientes cun tipo de radioterapia máis precisa e eficaz e con menos efectos secundarios
- Resalta que a Xunta triplicou o orzamento para investigación sanitaria desde 2020 ata chegar aos 6,3 M€
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a aposta do Goberno autonómico por situar Galicia á vangarda no eido da Oncoloxía e consolidar á comunidade coma un referente na prevención e abordaxe do cancro.
Nesta liña, durante a súa intervención na entrega do XII Premio Ramiro Carregal de Investigación Oncolóxica e o V Premio Talentos Emerxentes, Rueda resaltou algunhas medidas postas en marcha nos últimos anos pola Xunta coma a ampliación dos cribados de cancro -incorporando o de próstata e pulmón e ampliando ata os 74 anos o de mama- ou a compra de fármacos de última xeración.
Ademais, Galicia foi a primeira comunidade en iniciar as obras dun centro de protonterapia público para tratar aos pacientes con este tipo de radioloxía que é máis efectiva e precisa e ten menos efectos secundarios e xa ten en marcha o Centro de fabricación de medicamentos CAR-T en Santiago para deseñar novas terapias.
Rueda, que estivo acompañado polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez, asegurou que o futuro da sanidade pasa por ofrecer unha medicina cada vez máis personalizada e resaltou o importante labor que realizan os investigadores para facer progresos na sanidade. Agradeceu o traballo dos premiados -Ignacio Melero na categoría de Investigación Oncolóxica e Arkaitz Carracedo en Talentos Emerxentes- e fixo fincapé no compromiso da Xunta coa investigación sanitaria ao triplicar o orzamento para este área desde 2020 ata alcanzar os 6,3 millóns de euros este ano.