Rueda anuncia para o vindeiro curso a posta en marcha do plan FPGal360, dotado con 24 M€ ata 2028, co obxectivo de reducir o abandono escolar e orientar profesionalmente á mocidade

Imagen del artículo Rueda anuncia para o vindeiro curso a posta en marcha do plan FPGal360, dotado con 24 M€ ata 2028, co obxectivo de reducir o abandono escolar e orientar profesionalmente á mocidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Destaca que a idea é "conseguir que o 100 % dos rapaces galegos sigan formándose ata, polo menos, cumprir os 18 anos", así como "atraer de novo ao sistema educativo a persoas con baixa cualificación ou que queren mellorar a que teñen"
  • O plan inclúe máis de 60 medidas de actuacións dirixidas a alumnado e profesorado, así como para a poboación sen cualificación de entre 24 e 34 anos
  • Trabállase para reducir a cero a taxa de abandono temperá e que o 100 % dos rapaces sigan formándose ata, polo menos, cumprir a maioría de idade
  • Tamén se busca atraer de novo ao sistema educativo aquelas persoas con baixa cualificación co fin de enriquecer a súa formación e xerar oportunidades profesionais

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

O titular da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia porá en marcha o vindeiro curso o Plan FPGal360 de orientación profesional integral, dotado con 24 M€ ata 2028. Unha medida que, tal e como apuntou, conta cun dobre obxectivo: "conseguir que o 100 % dos rapaces galegos sigan formándose ata, polo menos, cumprir os 18 anos e atraer de novo ao sistema educativo a persoas con baixa cualificación ou que queren mellorar a que teñen", sinalou.

Trátase por tanto, de reducir o abandono escolar na comunidade, a pesar de que Galicia está en "mínimos históricos" na taxa de abandono temperá (8,8%) - adiantándose sete anos ao obxectivo do 9 % fixado pola UE para 2030- fronte ao 13,6% do conxunto de España. "Queremos seguir avanzando e o ideal sería chegar á taxa de abandono escolar cero", apuntou.

Neste sentido, o Consello da Xunta celebrado esta mañá aprobou o plan da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, consistente en 60 accións específicas, co fin de establecer un sistema integral de orientación profesional que guíe e acompañe á cidadanía na súa toma de decisións educativas e profesionais desde idades temperás e ao longo de toda a vida.

Así pois, mediante o FPGal360, a Xunta de Galicia ofrecerá unha orientación profesional integral que lles ensine ás persoas a planificar e tomar decisións sobre a súa vida laboral e a formación que implica.

Isto suporá implantar un conxunto de servizos dirixidos a axudar ás persoas de calquera idade -especialmente para os máis novos e persoas con baixa cualificación- e en calquera momento das súas vidas a tomar decisións axeitadas a nivel educativo, formativo e laboral, a xestionar a súa traxectoria profesional creando o seu itinerario formativo; a reflexionar sobre as súas ambicións e intereses e a súa cualificación e capacidade, e a comprender o funcionamento do mercado laboral.

Alfonso Rueda apuntou que as actuacións previstas no plan artéllanse en "tres eixos" que inclúen "o alumnado que está actualmente dentro do sistema educativo, uns 230.000; a mocidade que abandonou este sistema e que cómpre recuperar, uns 80.000 mozos de 24 a 34 anos con baixa cualificación; e a poboación en xeral que queira ampliar a súa formación para mellorar a súa inserción laboral", sinalou.

Fomentar a continuidade na formación

O primeiro dos eixos abrangue iniciativas concretas dirixidas a "fomentar a continuidade dos rapaces no ensino" e, deste xeito, reducir a mínimos o abandono escolar temperá. Isto é, que o alumnado perciba que continuar a súa formación dentro do sistema sexa unha oportunidade para unha mellor cualificación.

Para iso establécense catro liñas e 15 medidas entre as que destacan a elaboración de novos programas de orientación profesional e vocacional e de materiais de apoio á labor orientadora; o reforzo da FP básica coa actualización da oferta e a mellora de recursos;  actuacións para reducir o abandono escolar nos colectivos máis desfavorecidos; impulso da formación especializada en orientación profesional, incidindo nas potencialidades da FP básica, e enquisas para alumnado e familias como ferramenta para a mellora da toma de decisións.

O segundo céntrase en "potenciar un sistema de orientación vocacional e profesional que conduza á inserción laboral efectiva", a través de cinco liñas de actuación e 30 medidas específicas recollidas no plan. Entre elas destaca a creación do Espazo e da Rede FPOrienta, a difusión e promoción das novas tecnoloxías, innovación aplicada á orientación profesional e formación especializada en orientación profesional e vocacional, entre outros.

Itinerarios formativos atractivos

O terceiro eixe do plan diríxese a "facilitar a cualificación e titulación da mocidade galega" desde o sistema educativo, con itinerarios atractivos e que supoñan unha porta profesional e persoal de futuro.

A través de catro liñas e 15 medidas impulsaranse a coordinación e colaboración entre os distintos axentes para a cualificación da poboación. Ademais, reforzarase a capacitación profesional a través do procedemento de acreditación de competencias profesionais, a orientación profesional nos centros de educación permanente de alumnos e o desenvolvemento de accións formativas especializadas que respondan ás demandas específicas do tecido produtivo.

Estes tres eixes desenvolveranse a través da colaboración público-privada, coa participación doutros departamentos da Xunta de Galicia, así como de asociacións e outras entidades implicadas na orientación profesional. 

Entre as liñas de actuación globais, ao abeiro deste plan, a Consellería de Educación reforzará a información e formación dirixidas ao persoal orientador dos centros educativos e aos equipos directivos e docentes.

No caso do alumnado, incidirase en facilitar información e orientación ao alumnado desde idades temperás e deseñaranse actuacións específicas dirixidas ao alumnado vulnerable, con especiais necesidades de aprendizaxe ou en risco de abandono.

Recuperar a persoas que abandonaron o sistema

Tamén se atenderá especificamente ao alumnado que abandonara o sistema educativo sen acadar unha titulación, co fin de recuperalos e darlle unha nova oportunidade de formación e, deste xeito, que melloren as súas oportunidades e expectativas laborais.

Outras liñas de traballo irán dirixidas a actuacións sobre a poboación que non conta con formación acreditada, con propostas específicas, sobre todo con especial atención á mocidade que se atope nesta situación.

O Plan FPGal360 recollerá tamén unha epígrafe de asesoramento personalizado e orientación profesional para colectivos de persoas desempregadas que participen en procesos de acreditación de competencias adquiridas por experiencia laboral.

No período de vixencia do plan, entre este ano e o 2028, o conxunto de medidas que se van poñer en marcha suporán un investimento global de 24 M€, nove dos cales se farán efectivos durante o presente exercicio 2024. 

A posta en marcha deste plan enmárcase na Estratexia de formación profesional Galicia 2030, que ten entre os seus eixes a orientación profesional á cidadanía na creación dun itinerario personalizado de formación para o emprego e a difusión das oportunidades da formación, adquisición de competencias e recoñecemento delas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
271948 {"title":"Rueda anuncia para o vindeiro curso a posta en marcha do plan FPGal360, dotado con 24 M€ ata 2028, co obxectivo de reducir o abandono escolar e orientar profesionalmente á mocidade","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/190614+fp+16a.jpg","id":"271948"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/271948-rueda-anuncia-vindeiro-curso-posta-marcha-do-plan-fpgal360-dotado-24-m-ata-2028-co-obxectivo-reducir-abandono-escolar-e-orientar-profesionalmente-mocidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.