Rueda destaca o parque acuático de Monterrei coma un atractivo para reforzar o turismo e dinamizar a economía no interior de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Asegura que converterá á provincia de Ourense nun referente do ocio acuático para "desfrutar en familia" a calquera idade con espazos de piscinas e instalacións para facer deporte
  • "É un magnífico exemplo de dinamizar e dar oportunidades" ao interior da comunidade, indicou
  • O complexo lúdico-deportivo estrea novos servizos como aparcadoiro e parque infantil e suma outras catro atraccións con tobogáns
  • A Xunta destinou preto de 9 M€ ás obras das dúas primeiras fases

O Pereiro de Aguiar (Ourense), 19 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou esta mañá que o parque acuático de Monterrei -do que hoxe se inaugurou unha nova fase- permitirá reforzar o potencial turístico da provincia de Ourense e dinamizar a economía da contorna. "Temos que darlle unha nova vida, dinamizar e dar oportunidades ao interior de Galicia e este é un magnífico exemplo", sinalou. 

Durante unha visita ao recinto, acompañado do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o presidente salientou que grazas a estas instalacións, a provincia de Ourense vaise converter nun referente do ocio acuático para todas idades. "É un complexo para desfrutar dun día diferente en familia, desde os cativos ata os maiores", indicou Rueda, quen lembrou que ademáis da área de piscinas e tobogáns, o parque conta con zona deportiva coma pistas de pádel, tenis ou atletismo.

Tras apertura no verán de 2023 das primeiras instalacións (piscina infantil, piscina de relax, de ondas ou a zona de splash), hoxe inaugurouse a fase 1 xa totalmente rematada deste complexo que inclúe novos servizos como aparcadoiro, vestiarios, sendas peonís e zona de xogos para nenos así coma catro novas atraccións acuáticas: hidrotubos abertos e pechados e dous novos tobogáns.

Tal e como salientou Rueda, a Xunta foi a encargada de executar as obras da fase 0 e 1 do complexo lúdico-deportivo, nas que investiu preto de 9 millóns de euros. As instalacións vanse completar cunha nova área de relax (río de cascadas, piscina de nado...), máis atraccións de auga e un parque multiaventura. A Deputación de Ourense levará a cabo estas tres últimas fases.

O presidente fixo fincapé en que este novo complexo lúdico-deportivo é unha oportunidade para xerar emprego na comarca e servirá de atractivo "para a xente que nos visite e para que os galegos fagamos turismo" no interior da comunidade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276624 {"title":"Rueda destaca o parque acuático de Monterrei coma un atractivo para reforzar o turismo e dinamizar a economía no interior de Galicia","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/240619_Pte_Presi_Monterrei_DCS_-2.jpg","id":"276624"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276624-rueda-destaca-parque-acuatico-monterrei-coma-atractivo-reforzar-turismo-e-dinamizar-economia-interior-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.