O delegado territorial da Xunta en Ourense participa no reparto de froitas e hortalizas do fondo galego de garantía agraria ao Banco de Alimentos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Manuel Pardo explicou que nesta quenda distribuiranse 10.000 kg de albaricoque e outros 10.000 kg de paraguaios, platerina e pexego
  • Esta iniciativa lévase a cabo a través das Organizacións de Produtores de Froitas e hortalizas de España (OPFH) e destínanse a organizacións que favorecen a inclusión social, que á súa vez son as encargadas de distribuílas entre as súas entidades asociadas

Ourense, 21 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, trasladouse esta mañá ao Banco de Alimentos para participar no reparto de froitas e hortalizas do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

O delegado territorial explicou que nesta quenda distribuiranse 10.000 kg de albaricoque e outros 10.000 kg de paraguaios, platerina e pexego plano destinado ao Banco de Alimentos procedentes das Organizacións de Produtores de Froitas e hortalizas de España (OPFH); en concreto da empresa murciana Froitas Esther.  

Manuel Pardo relatou que a retirada de froitas e hortalizas é unha medida de intervención de mercados para reducir a oferta e manter os prezos das froita e hortalizas. Esta iniciativa lévase a cabo a través das Organizacións de Produtores de Froitas e hortalizas de España (OPFH) e destínanse a organizacións que favorecen a inclusión social, que á súa vez son as encargadas de distribuílas entre as súas entidades asociadas. 

En Ourense hai dúas organizacións coas que se colabora, o Banco de Alimentos de Ourense e a Fundación San Rosendo. O Banco de alimentos ten 52 entidades benéficas entre parroquias e asociacións. A Fundación San Rosendo dispón de 46 entidades asociadas, que conforman os seus distintos centros e as súas entidades relixiosas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
214518 {"title":"O delegado territorial da Xunta en Ourense participa no reparto de froitas e hortalizas do fondo galego de garantía agraria ao Banco de Alimentos","published_date":"2024-05-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053361\/220524+Reparto+Alimentos+1.JPG","id":"214518"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-22/214518-delegado-territorial-da-xunta-ourense-participa-reparto-froitas-e-hortalizas-do-fondo-galego-garantia-agraria-ao-banco-alimentos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.