O delegado da Xunta e o alcalde de Ribadeo analizan proxectos de interese para o municipio mariñán

Imagen del artículo O delegado da Xunta e o alcalde de Ribadeo analizan proxectos de interese para o municipio mariñán

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Ribadeo (Lugo), 8 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe co alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, no marco dunha visita institucional co fin de analizar diferentes temas de interese para o concello. A xuntanza serviu para coñecer de primeira man as demandas da entidade local en materias de competencia autonómica e para analizar proxectos para este exercicio e actuacións en marcha.

Entre elas Arias destacou que están actualmente en proceso de contratación o estudo para avaliar alternativas e a redacción do proxecto correspondente de cara á mellora do saneamento do núcleo urbano - por un importe de 280.000 euros - ou a redacción do proxecto de rehabilitación de tres inmobles das rúas Bispo Veres e Trinidade para habilitar seis vivendas de promoción pública - cun orzamento que ronda os 102.000 euros -.

Tamén resaltou a execución das obras de dragaxe no porto, nos que a Xunta está a investir preto de 2 millóns de euros co fin de mellorar a súa operatividade. E lembrou que a Consellería do Mar ten previsto realizar outras actuacións complementarias dirixidas a mellorar o entorno portuario coa pavimentación do porto comercial e do porto de Rinlo, situado na mesma localidade, no que se investirán 215.000 euros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24162 {"title":"O delegado da Xunta e o alcalde de Ribadeo analizan proxectos de interese para o municipio mariñán","published_date":"2024-05-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887432\/080524+Reunion+Arias+alcalde+Ribadeo.jpeg","id":"24162"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-08/24162-delegado-da-xunta-e-alcalde-ribadeo-analizan-proxectos-interese-municipio-marinan https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.