Rueda destaca o papel da nova Oficina de Coordinación Económica para a posta en marcha de proxectos estratéxicos en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Resalta a "experiencia" no eido económico de Reboredo para poñerse ao fronte dun organismo que "avaliará" iniciativas industriais, pero tamén fará "propostas para orientar accións de Goberno"

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda,  resaltou hoxe o importante papel da nova Oficina de Coordinación Económica, dependente da Presidencia, á hora de promover a posta en marcha de iniciativas empresariais estratéxicas para a comunidade. 

"Creo que estamos maduros para crear este novo órgano porque isto significa que temos proxectos importantes enriba da mesa que necesitan ser coordinados", indicou durante a toma de posesión de Juan Carlos Reboredo Nogueira como secretario xeral deste organismo. Rueda resaltou que é un profesional coa "experiencia" precisa no sector para poñerse ao fronte desta Oficina. Unha entidade desde a que se "avaliarán e coordinarán" diferentes proxectos industriais, pero tamén "se realizarán propostas para orientar as accións de Goberno cara certas metas ou obxectivos", indicou Rueda.

Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago, Reboredo é catedrático de Análise Económico nesta institución académica. Gran parte da súa carreira profesional estivo centrada na investigación sobre mercados financeiros e enerxéticos; a análise de riscos financeiros e o impacto do cambio climático nos mercados. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23956 {"title":"Rueda destaca o papel da nova Oficina de Coordinación Económica para a posta en marcha de proxectos estratéxicos en Galicia","published_date":"2024-04-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887408\/240430_Pte_TPSXOficinaEconomica_DCS-2.jpg","id":"23956"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-30/23956-rueda-destaca-papel-da-nova-oficina-coordinacion-economica-posta-marcha-proxectos-estratexicos-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.