Monterrei pecha esta fin de semana a exitosa edición da 'Primavera de Portas Abertas' das rutas dos viños

  • Durante esta fin de semana, participan nesta iniciativa da Xunta 14 establecementos da denominación de orixe, entre adegas, restaurantes e aloxamento 

Santiago de Compostela (A Coruña), 25 de maio de 2024

A Ruta do Viño de Monterrei pecha hoxe a exitosa edición deste ano da Primavera de Portas Abertas das rutas dos viños que se leva celebrando no último mes con éxito de participantes nas distintas denominacións de orixe. 

En concreto, esta fin de semana serán un total de 14 os establecementos participantes, entre adegas, restaurantes e establecementos de aloxamento e circularán buses do viño desde Vigo, Santiago de Compostela, Ourense e A Coruña para desprazarse á denominación de orixe.

Entre as actividades previstas inclúense inicaitivas como observación astronómica acompañada dunha cata de viños da Denominación de Orixe da zona, visita á acrópole de Monterrei, a ruta dos lagares rupestres no concello de Oímbra, ou unha actividade de cata degustación multisensorial de mel por parte dun produtor local, que permitirá descubrir as curiosidades do mundo do mel neste territorio. 

Esta é a última fin de semana do programa, que comezou na denominación de orixe de Valdeorras. En total, esta nova edición de Primavera de portas abertas conta con  máis de 60 actividades e 100 establecementos participantes. Entre as novidades deste ano, ampliouse o Bus do Viño ao incorporar a cidade de Ferrol entre as saídas, que se suma A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela e Ponferrada.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
235957 {"title":"Monterrei pecha esta fin de semana a exitosa edición da 'Primavera de Portas Abertas' das rutas dos viños","published_date":"2024-06-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"235957"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-01/235957-monterrei-pecha-fin-semana-exitosa-edicion-da-primavera-portas-abertas-das-rutas-dos-vinos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.