Rueda destaca o papel das mutuas como "complemento imprescindible" para acadar unha Galicia máis sa e competitiva

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Avoga por intensificar o seu papel para darlles "máis intervención", sempre dentro da normativa
  • A Xunta está a traballar da man da Asociación de Mutuas de Accidentes de Traballo (AMAT) para optimizar a atención nas incapacidades temporais causadas por patoloxías osteorarticulares

Ourense, 12 de xuño 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o papel das mutuas ao conformar un "complemento imprescindible" das administracións, ao tempo que avogou pola necesidade de seguir instaurando políticas de seguridade e saúde laboral potentes para poñer freo ao absentismo laboral en Galicia e lograr que esta sexa cada vez máis sa e competitiva.

Así se referiu o titular da Xunta durante o acto de inauguración do novo centro de Ibermutua en Ourense, no que estivo acompañado polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. Durante a súa intervención, Rueda reafirmou o diálogo constante entre Administración e empresas para traballar no ámbito da prevención e avogou por "intensificar" o papel das mutuas. "Merece a pena explorar as posibilidades que teñamos de colaborar máis estreitamente e darlles máis intervención, sempre dentro da normativa e sen esquecer nunca que se trata dunha colaboración público-privada", apuntou.

Neste sentido, o Goberno galego, a través da Consellería de Sanidade, está a traballar da man da Asociación de Mutuas de Accidentes de Traballo (AMAT) para optimizar a atención nas incapacidades temporais causadas por patoloxías osteorarticulares -a causa de baixas laborais máis común-. O obxectivo é que as mutuas poidan realizar as probas diagnósticas que determinen os profesionais do Servizo Galego de Saúde, axilizando así a xestión para que os doentes poidan recibir un diagnóstico rápido e un tratamento axeitado.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
259620 {"title":"Rueda destaca o papel das mutuas como \"complemento imprescindible\" para acadar unha Galicia máis sa e competitiva","published_date":"2024-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278519\/240612_Pte_Sanidade_Ibermutua_DCS-1.jpg","id":"259620"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-12/259620-rueda-destaca-papel-das-mutuas-como-complemento-imprescindible-acadar-unha-galicia-mais-sa-e-competitiva https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.