A Xunta apoia melloras nunha decena de entidades veciñais nas comarcas de Ferrol e Ortegal

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  •  A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá os traballos realizados no local da asociación de veciños Cuco Ruíz de Cortázar de Ferrol, unha das nove asociacións da área ferrolá beneficiarias das subvencións do Plan específico de acción comunitaria
  • Máis de 300 organizacións de veciños, de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas recibiron fondos da Xunta da convocatoria de 3M€ de 2023 dirixida a estes colectivos coa finalidade adecuar as súas sedes ou comprar equipamento para as súas actividades
  • A visita enmárcase na Semana da Administración Aberta que o Goberno galego organiza co obxectivo de dar a coñecer á cidadanía o funcionamento do Goberno e a Administración pública galega

Ferrol, 14 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o local social da asociación de veciños Cuco Ruíz de Cortázar, que foi mellorado co apoio da Xunta no marco do Plan específico de acción comunitario cun investimento de 12.000 euros.

Os traballos realizados permitiron contar cun local máis amplo e accesible para as persoas usuarias cunha redistribución dos espazos e a ampliación do aseo. Ademais, levouse a cabo o pintado do local, substituíse o chan e actuouse no saneamento. Deste xeito reforzouse o confort xeral das instalacións, dando resposta  ás demandas da veciñanza.

A delegada territorial salientou a importancia de apoiar o asociacionismo local e de facilitarlles espazos axeitados para o desenvolvemento do seu labor a prol da dinamización da vida social e cultural da contorna. Nesta liña, incidiu no compromiso que vén demostrando a Xunta desde 2016 coa creación do Plan específico de acción comunitaria dirixido a asociación de veciños e de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas.

Este ano xa se publicou a nova convocatoria cunha dotación de 3 millóns de euros, a mesma contía que o ano pasado permitiu realizar melloras en locais sociais e adquirir equipamento para actividades nun total de 304 entidades. Desta cifra, 36 corresponden á provincia da Coruña, e delas, 9 na área de Ferrol.

O conxunto das achegas do Goberno galego na área de Ferrol en 2023 suman 76.200 euros que se distribuíron en axudas a obras e/ou equipamento nos locais da asociación de veciños Cuco Ruíz de Cortázar visitada hoxe e as de Pazos, San Xoán de Filgueira e Bertón, Santa Comba de San Martín de Covas, Río da Ponte de San Xurxo da Mariña, Rosalía de Castro da Real Vila da Graña, Santa Mariña do Vilar e Santa Euxenia de Mandiá, todas elas en Ferrol, así como a asociación de veciños de Espasante, en Ortigueira.

Semana da Administración Aberta

A visita enmárcase na Semana da Administración Aberta que a Xunta organiza estes días co obxectivo de dar a coñecer á cidadanía o funcionamento do Goberno e a Administración pública galega. Inclúe actividades e xornadas de participación social na que se implican o conxunto das consellerías para divulgar os principios nos que se sustenta a Administración aberta: a transparencia, a rendición de contas, a participación cidadá, a integridade pública e a colaboración. En concreto, o programa conta con visitas, charlas, xornadas e webinarios guiados por conselleiros e outros altos cargos da Administración autonómica como a visita de hoxe e abertos á participación dos galegos e galegas interesados en coñecer con máis detalle os temas abordados.

A Semana da Administración Aberta constitúe unha oportunidade única para que a cidadanía coñezan mellor o funcionamento das administracións e os valores que rexen o Goberno aberto, así como as ferramentas de participación cidadá na elaboración, planificación e execución das políticas públicas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265115 {"title":"A Xunta apoia melloras nunha decena de entidades veciñais nas comarcas de Ferrol e Ortegal","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278525\/VisitaAVVCaranza.jpg","id":"265115"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265115-xunta-apoia-melloras-nunha-decena-entidades-vecinais-nas-comarcas-ferrol-e-ortegal https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.