Rueda destaca a sustentabilidade do modelo turístico galego, que avanza en diversificación e desestacionalización

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Pon en valor a calidade e profesionalización do sector, que aproveitou unha gran oportunidade tras a pandemia para desenvolver un turismo máis sustentable
  • Destacou a aposta do Goberno por fomentar un turismo responsable e "con sentidiño", lonxe da turismofobia
  • Aposta pola colaboración entre as comunidades do norte para seguir reforzando a marca España verde

Madrid, 13 de xuño 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou hoxe por seguir fomentando a sustentabilidade do modelo turístico galego. Ao respecto, puxo en valor que nos últimos anos o sector avanzou en diversificación e desestacionalización, o que favorece unha afluencia máis repartida e ordenada.

Así o sinalou hoxe durante a súa participación no ciclo de debates La industria de la felicidad, organizado polo grupo Hotusa. Alí, debateu co presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, sobre os retos e oportunidades do turismo nestas rexións.

O presidente da Xunta fixo fincapé no importante peso económico e social que ten en Galicia o sector, vencellando o éxito turístico á profesionalziación e calidade. Un turismo que "logrou ver unha enorme oportunidade tras a pandemia" para transformarse "nun turismo en contacto máis directo coa natureza, que permite vivir tranquilamente e estar cómodos", tal e como sinalou o titular do Goberno galego.

De feito, Galicia é a segunda comunidade autónoma con máis distintivos Q de calidade e a 4º con máis certificados de sostibilidade, ademais das 140 bandeiras azuis, as 17 Estrelas Michelin e 40 Soles Repsol.

Rueda recordou que nos últimos anos, tras a pandemia, aumentou a afluencia de visitantes. En 2023, con 7 millóns de viaxeiros, rexistrouse a cifra máis elevada da serie histórica. Este aumento prodúcese en todos os meses de anos, con importantes incrementos na temporada media e baixa, o que permite reducir a estacionalidade. O presidente da Xunta salientou a transversalidade de turismo galego e o seu impacto positivo noutros eidos. "O camiño de Santiago está permitindo que zonas deshabitadas teñan unha segunda vida. Non só uso turístico, senón vida". Isto xera un "efecto tractor, efecto dinamizador", tal e como afirmou Rueda.

O titular da Xunta destacou a aposta do Goberno por fomentar un turismo responsable, "con sentidiño", lonxe da turismofobia. "Coidado con esas mensaxes que se lanzan ao mundo porque poden ser moi perigosas. Trasladan unha imaxe que non é real: de que estamos saturados, de que non cabe máis xente... En Galicia somos todo o contrario, apostamos por un turismo acolledor, sen agobios, sen masificacións", aclarou Rueda.

Por último, Rueda reforzou a idea de continuar a colaboración entre comunidades do norte dentro da marca España Verde, na que ademais de Asturias e Galicia, están tamén Cantabria e País Vasco. "A España verde é unha marca coordinada que temos que explotar, por aí temos que seguir", anunciou.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265112 {"title":"Rueda destaca a sustentabilidade do modelo turístico galego, que avanza en diversificación e desestacionalización","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278510\/240614_Pte_Asturias_IndustriaFelicidad_XUNTA_01.jpg","id":"265112"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265112-rueda-destaca-sustentabilidade-do-modelo-turistico-galego-avanza-diversificacion-e-desestacionalizacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.