A Xunta financiou preto de 700 bicicletas eléctricas na provincia de Pontevedra no 2024

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial achegouse a unha tenda especializada onde lle transmitiron o éxito da campaña
  • Neste ano a Xunta investiu na provincia case 350.000 euros no programa Ebici, o que permitiu mobilizar preto de 700.000 euros
  • No concello de Pontevedra 31 veciños aproveitaron axudas Ebici por valor de 15.000 euros

Pontevedra, 14 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá a tenda Moto Bike Pontevedra, un dos 68 establecementos adheridos ao programa Ebici na provincia de Pontevedra, unha iniciativa coa que a Xunta financia  a compra de bicicletas eléctricas e de pedaleo asistido.

O delegado territorial interesouse polos resultados deste programa e quixo coñecer as sensacións dos profesionais do sector de primeira man. Tal e como comentaron os responsables do establecemento, os resultados están a ser moi positivos, sendo que  varios clientes se achegaron a Moto Bike Pontevedra motivados por estas axudas.

Cabe destacar que este ano presentáronse na provincia de Pontevedra preto de 700 solicitudes, das máis de 2500 rexistradas desde a posta en marcha do programa, no ano 2022. Isto supón un investimento por parte da Xunta no 2024 de case 350.000 euros que mobiliza preto de 700.000 euros na provincia de Pontevedra.

No caso da área de influencia de Pontevedra, o total das axudas este ano superan os 25.000 euros, dos cales máis de 15.000 corresponden a 31 veciños do concello de Pontevedra.

O delegado territorial mostrouse moi satisfeito co resultado da campaña que está a conseguir "incentivar aos galegos e galegas a dar un paso cara unha mobilidade máis sostible", ademais de abrir unha alternativa de ocio e deporte "a aquelas persoas que buscan realizar un exercicio físico moderado e en contacto coa natureza".

Esta convocatoria bianual de axudas do programa Ebici consiste nunha rebaixa de ata o 50% do custo da bicicleta eléctrica, cun máximo de 500 euros con carácter xeral. No caso de familias numerosas, o desconto aumenta ata un 60%, cun máximo de 600 euros; ou ata un 70% e cun máximo de 700 euros nas familias numerosas de categoría especial. Ademais, as persoas con mobilidade reducida tamén poden acceder a un desconto de ata o 70% do custo da bicicleta de man híbrida ou eléctrica para cadeira de rodas, cunha achega de ata 700 euros.

As solicitudes poden tramitarse a través dos comercios adheridos que figuran na listaxe da páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade ebici.xunta.gal.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265658 {"title":"A Xunta financiou preto de 700 bicicletas eléctricas na provincia de Pontevedra no 2024","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278525\/2bici.jpeg","id":"265658"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265658-xunta-financiou-preto-700-bicicletas-electricas-na-provincia-pontevedra-2024 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.