Rueda asiste á toma de posesión do novos directores xerais da Loita contra a Violencia de Xénero e de Promoción da Igualdade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu esta mañá á toma de posesión de Roberto Barba como director xeral da Loita contra a Violencia de Xénero e de María Quintiana como directora xeral de Promoción da Igualdade. Trátase de dous organismos de recente creación ao subdividir á antiga Secretaría Xeral de Igualdade. 

Roberto Barba era na actualidade maxistrado do Xulgado de Violencia de Xénero número 1 da Coruña -posto que desempeñaba desde 2022- e ten unha dilatada carreira no eido xudicial desde 2007, pasando por xulgados de Betanzos, O Barco de Valdeorras ou Lugo. No 2015 foi nomeado maxistrado polo Consello Xeral do Poder Xudicial. 

Pola súa banda, María Quintiana asume o cargo tras exercer durante os últimos seis anos tarefas de asesoría de comunicación na Presidencia da Xunta e coordinar as redes sociais. Licenciada en Xornalismo, conta cun mestrado en Dirección de Comunicación Corporativa. 

Durante a toma de posesión, a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou que coa creación destas dúas direccións xerais, Galicia convértese na única Comunidade de toda España en contar con áreas especializadas nestes dous ámbitos, o que significa redobrar os esforzos nesta materia. "Continuaremos a traballar para que Galicia sexa unha terra máis diversa, máis igualitaria e máis plural", concluíu. 

 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23948 {"title":"Rueda asiste á toma de posesión do novos directores xerais da Loita contra a Violencia de Xénero e de Promoción da Igualdade","published_date":"2024-04-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887408\/240430_Pte_TPPSocial_DCS-1.jpg","id":"23948"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-30/23948-rueda-asiste-toma-posesion-do-novos-directores-xerais-da-loita-violencia-xenero-e-promocion-da-igualdade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.