Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co ánimo de preservar os intereses da colectividade galega na capital arxentina

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Destaca que "as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais" para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir creando riqueza
  • Reitera a importancia destas viaxes para seguir reforzando a colaboración coa colectividade galega no país de cara á Década Xacobea

Bos Aires (A Arxentina), 4 de maio de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires, Jorge Macri, durante o cal ambos representantes institucionais abordaron cuestións de intereses para a capital arxentina e para Galicia, así como para a colectividade galega que reside na cidade. De feito, Arxentina é o país do mundo no que máis galegos viven, moitos deles en Bos Aires.

O titular do Goberno galego, que estivo acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, sinalou que "as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais", ao mesmo tempo que reiterou a necesidade de seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir creando riqueza.

Neste sentido, referendou o carácter "amigable" do galegos e tamén da Administración autonómica, co único obxectivo de "tender pontes porque entendemos perfectamente que para que nos poñan as cousas fáciles, a educación, a responsabilidade e a corrección institucional son algo absolutamente fundamental".

Fin da viaxe

Con esta reunión, que se suma ás mantidas esta mesma mañá co subsecretario de Pesca da Nación e representantes de empresas pesqueiras, remata a viaxe institucional do presidente da Xunta, a primeira desde que tomou posesión esta lexislatura.

Ademais de manter encontros coa colectividade galega, a visita tivo unha importante vertente económica co obxectivo de reforzar as vías de comunicación e apoio ás empresas que traballan no país.

Do mesmo xeito, Rueda insistiu na importancia destas viaxes para seguir reforzando a colaboración coa colectividade galega na Arxentina de cara á Década Xacobea e para seguir espallando o carácter acolledor dos galegos e o espírito universal do Camiño.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24075 {"title":"Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co ánimo de preservar os intereses da colectividade galega na capital arxentina","published_date":"2024-05-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887420\/ARVreunionJorgeMacri+%281%29.jpg","id":"24075"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-04/24075-rueda-reunese-co-xefe-goberno-da-cidade-autonoma-bos-aires-co-animo-preservar-os-intereses-da-colectividade-galega-na-capital-arxentina https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.