Intervención do presidente da Xunta na cerimonia de imposición das Medallas Castelao 2024

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Señoras e señores:

Tal día coma hoxe, o 28 de xuño do ano 1936, o pobo galego referendou o texto do seu primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia. É unha obra coral que respondía aos desexos de democracia e autonomía, longamente agardadas polos que estiveron antes que nós. O Estatuto foi referendado, pero, por desgraza, non foi promulgado. E aquel estatuto pereceu formalmente, pero o que non pereceu foi o seu espírito. O seu espírito mantívose na memoria e no corazón de moita xente. Empezando por todas as persoas que traballaron e alentaron aquel texto. Algunhas coñecidas e outras non, pero todas, sen dúbida, importantes.

Refírome a persoeiros como Otero Pedrayo, como Alexandre Bóveda, como Emilio González López, como, por suposto, Castelao e como tantas e tantos, que sen ser coñecidos, enriqueceron a extensa nómina dos inmortais galegos.

"Ánimas sen nome" que "crearon o idioma, a cultura, as artes, os usos e costumes. O feito diferencial de Galicia", en atinada reflexión de Castelao nunha das más brillantes disertacións da historia de Galicia, o discurso titulado Alba de Groria.

Arestora, logo de máis de catro décadas de autonomía, poucos recordan o camiño que precedeu a chegada da democracia. E poucos recordan as dificultades asociadas ao asentamento das institucións que a sustentan.

Foi, por así dicilo, un camiño con máis toxos ca flores. E, polo tanto, isto non debemos esquecelo nunca. A valía e a dificultade da conquista que hoxe desfrutamos.

Tal día coma hoxe, corenta anos atrás, o 28 de xuño de 1984, retornaron a Galicia os restos de Castelao que desde entón, e para a eternidade, repousan no Panteón de Galegos Ilustres, ao carón de onde nos atopamos.

Sempre estaremos orgullosos e eternamente agradecidos a Castelao e a todos os galegos e galegas de ben que na Galicia territorial e na Galicia universal, ofreceron o mellor de si, o mellor que tiñan, na procura dunha Galicia mellor: a Galicia autonómica e democrática que hoxe nos acolle e que hoxe podemos desfrutar grazas a eles.

Unha Galicia galega, por suposto, unha Galicia española, europea e universal, sempre americana e particularmente próxima ao universo lusófono.

Unha Galicia, en definitiva, aberta ao mundo, que a todos recibe cos brazos abertos,  e que ten moi en conta o noso pasado emigrante. Vexo alí ao fondo aos representantes do consello que onte se reuniu para recordar que hai unha Galicia exterior que sempre debemos ter en conta e apoiar e unha Galicia que pola súa condición de meta da Ruta Xacobea, vertebrou, non o esquezamos, o vello continente europeo.

Señoras e señores: todas e todos coñecemos modelos inspiradores que nos animan a seguir engrandecendo Galicia, unha tarefa, sen dúbida, sempre inacabada. Isto temos que acometelo cada un na esfera das nosas responsabilidades e das nosas obrigas.

Refírome ao galeguismo transversal e integrador que guiou o asentamento e posterior consolidación da nosa autonomía.

Estoume referindo á cultura do pacto e a procura do entendemento entre persoas de ideoloxías diverxentes que sustentou o éxito da transición.

Estoume referindo tamén á exemplaridade e recto proceder da monarquía encarnada na figura da Súa Maxestade o Rei Felipe VI, que vén de celebrar a súa primeira década no trono.

E estoume referindo, en fin, á cultura do esforzo personalizada na nosa xente; tantos galegas e galegas anónimos que compren coas súas obrigas con plenitude.

Cultivar a cultura do pacto e desterrar o medo ao acordo eríxense como un obxectivo compartido; digo máis, constitúen unha obriga para todas as galegas e galegos, particularmente para cantos desempeñamos responsabilidades públicas. Un obxectivo e unha obriga que reafirmamos e nos que comprometemos a nosa palabra, con feitos e con acordos.

Cunha democracia consolidada e unha autonomía plena que, lonxe de xerar conflitos artificiais, traballa decote na procura de máis e mellores oportunidades para mellorar a vida da xente, a vida para as galegas e galegos, que é o que a xente que nos outorga responsabilidades públicas espera de nós, ou polo menos así o entendo e creo que acerto. Hoxe recoñecemos coa Medalla Castelao cinco traxectorias singulares que, sen dúbida, son merecentes deste recoñecemento.

Unhas e outros foron e son exemplo do proceder que caracteriza aos "bos e xenerosos" aos que rendemos tributo no noso himno e diariamente coas nosas accións.

Ana, Rosario, Montse, Felisa, Patricia e Mercedes percorreron, co grupo de pandeireteiras Leilía, un camiño, se mo permiten, similar ao da nosa autonomía.  Hai máis de 35 anos atoparon moitas dificultades, pero non se desalentaron nin pensaron que non valía a pena intentalo. Esas dificultades coas que comezaron a súa andaina musical foron máis que un obstáculo, un estímulo. As dificultades que atoparon cando comezaron a súa andaina musical, de recolleita e dignificación do folclore tradicional, deron paso ás flores das que desfrutamos, as do seu último disco e as da súa despedida dos escenarios. Galicia enteira, e a cultura galega de xeito particular, están e estarán sempre en débeda convosco.

Nun mundo convulso como o que nos toca vivir, a man agarimosa de persoas como Maite Isla e de organizacións como Solidariedade Galega co Pobo Saharauí contribúen a que recuperemos a confianza na bondade do ser humano. Os arredor de 300 nenos e nenas saharauís que pasarán este verán en Galicia, mañá van ir buscalos...é un orgullo saber que somos a segunda comunidade autónoma, non en poboación, pero si en solidariedade. Esa recollida destes nenos para afastalos un tempiño desas privacións ás que están sometidos, eles e as súas familias, nos campamentos  de refuxiados, constitúen un exemplo de compromiso e bo facer que honra á galardoada, como persoa e como galega de ben con todas as letras.

Capacidade de esforzo, respecto ao contrincante, acatamento das normas para seguir gañando ou enxalzamento dos hábitos saudables son aspectos inherentes ao noso galardoado Borja Golán.  Deportistas de elite, coma el, son e deben ser un referente para todos nós, especialmente para a xente nova. Ese esforzo que el contaba, ese preferir a súa terra, ser un referente para tanta xente aquí, antes que emprender outros camiños, seguramente máis rendibles desde o punto de vista deportivo, pero non desde o punto de vista persoal, é algo que, sen ningunha dúbida, merece ser recoñecido con esta medalla. Logo de máis de dúas décadas dedicado ao deporte profesional, e sendo considerado o mellor xogador español de squash de todos os tempos. É un auténtico orgullo concederlle o recoñecemento do pobo galego con esta medalla.

A traxectoria de Amancio López Seijas demostra que para un galego nada hai imposible cando ten tesón, cando sabe facer as cousas e cando, como el dicía, lle acompaña un pouco a sorte, que, estou de acordo, sempre é necesaria. Amancio López Seijas como presidente de Hotusa dirixe un dos maiores consorcios hoteleiros do mundo. Un galego que empezou en Galicia e que nunca esqueceu de onde viña e o que é. Un galego que leva a súa Chantada natal e a toda Galicia no corazón. E exérceo demostrando. Instalou na súa localidade unha sede que dá emprego a máis de 200 persoas e que dirixe todo o que é Hotusa desde unha pequena vila pequena que lle veu nacer, podendo instalala en moitísimos sitios, escolleu a súa terra. E sigue traballando por ela, dá moitísimo emprego e é un referente tamén no Foro A Toxa, que nunca se esqueceu das súas raíces. Polo tanto, pon de manifesto tamén que as barreiras non existen máis que na mente das persoas para facer grandes empresas e é un galego que sempre atopou motivos para apostar pola súa terra e non esquecerse e creo que este galardón tamén é máis que merecido.

Desde sempre, a Escola Médica Compostelá gozou dun merecido prestixio dentro e fóra das nosas fronteiras. Ese prestixio foise estendendo a doutores galegos que traballan por todo o mundo con moitísimo éxito, que son referentes nas súas especialidades e en moitísimos hospitais dos cinco continentes, pero que nunca esquecen, en ningún momento, de onde son, de onde veñen e a identidade común que lles marca.  Contribúen a engrandecer o nome de Galicia, sen ningunha dúbida, desde algo tan nobre e tan necesario como a boa medicina, a medicina humana, como acaba de recordar o seu máximo responsable. Hoxe, 30 anos despois da súa creación, a Asociación de Médicos Galegos agrupa a boa parte destes profesionais, distribuídos polos diferentes continentes, sempre coa excelencia como obxectivo e o nome de Galicia no corazón e no exercicio profesional.

Son, polo tanto, cinco exemplos de amor, con maiúsculas, a Galicia; de compromiso, en maiúsculas, a favor de Galicia; e de servizo a Galicia, dignos herdeiros, polo tanto, de Castelao e de todos os inmortais galegos que percorreron un camiño moi difícil que a nós nos facilitou moitísimo as cousas. En diferentes momentos da historia os galegos tiveron que exercer distintas responsabilidades, nunca sinxelas, e sempre saíron triunfantes. Ese obxectivo común segue vixente. Ese obxectivo de construír un mundo mellor, con Galicia como base, é unha tarefa inacabada, pero ten, e hoxe quedou demostrado con estes cinco galardoados, persoas que van seguir sabéndoo facer con sentimento, con entrega e con convencemento.

Que así sexa. Moitas grazas, sentímonos orgullosos. Parabéns a todos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
293756 {"title":"Intervención do presidente da Xunta na cerimonia de imposición das Medallas Castelao 2024","published_date":"2024-06-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100843-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"293756"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-28/293756-intervencion-do-presidente-da-xunta-na-cerimonia-imposicion-das-medallas-castelao-2024 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.