Rueda destaca as políticas de retorno coma unha ferramenta para aproveitar o talento con raíz galega que hai polo mundo e afrontar o reto demográfico

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Resalta o éxito da Estratexia Galicia Retorna, dotada de 450 M€, que logrou que a comunidade gañe habitantes nos últimos anos
  • Case 2.000 mozas e mozos galegos do exterior regresaron a Galicia para estudar un máster ou un ciclo de FP
  • Ademais das bolsas para formarse inclúense medidas para fomentar o emprendemento, axudas económicas ou unha rede de centros de asesoramento

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta tarde as políticas de retorno coma unha ferramenta clave para "aproveitar o talento con raíz galega que hai polo mundo", afrontar o reto demográfico e aumentar a competitividade de Galicia.

Durante o acto de entrega dos diplomas aos bolseiros de másteres universitarios e Formación Profesional BEME (Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior) que este ano ampliaron a súa formación en Galicia, salientou o éxito da Estratexia Galicia Retorna, que consta dun cento de medidas coas que se busca facilitar o regreso de 30.000 galegos do exterior, e que está servindo de exemplo para outras autonomías.

Entre esas iniciativas están as máis de 350 bolsas que ofrece cada ano a Xunta para que galegos no exterior regresen á comunidade a estudar un máster ou un ciclo de Formación Profesional. Un total de 2.000 mozas e mozos retornaron xa a Galicia a través destas axudas e moitos accederon ao mercado laboral e decidiron asentarse na comunidade. 

Ademais, Rueda agradeceu a colaboración "das tres magníficas universidades públicas galegas", que contribúen a facer posible que "entre todos, poidamos seguir construíndo Galicia, desde tantos países e tamén desde aquí".

A Estratexia Retorna, dotada de 450 millóns de euros, inclúe axudas económicas para facilitar o regreso, programas para fomentar o emprendemento ou unha rede de Oficinas de asesoramento nas que recibir información sobre vivenda, educación, sanidade ou emprego.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
257087 {"title":"Rueda destaca as políticas de retorno coma unha ferramenta para aproveitar o talento con raíz galega que hai polo mundo e afrontar o reto demográfico","published_date":"2024-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278516\/240611_Pte_Edu_Empr_BEME_DCS+1.jpg","id":"257087"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-11/257087-rueda-destaca-as-politicas-retorno-coma-unha-ferramenta-aproveitar-talento-raiz-galega-hai-polo-mundo-e-afrontar-reto-demografico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.